GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO 2022-2023
Enviado por Anónimo o Xov, 19/05/2022 - 10:09
GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO - 2022 – 2023
1- Deberase cubrila solicitude anexo I e II, que se recollerá en conserxería, ou tamén por medios telemáticos por internet na aplicación “ Fondolibros” da Xunta.
2- O prazo será ata o 22 de xuño. A renda percápita máxima será de 10000€.
3- Xunto coa solicitude, anexo I e II, haberá que entregar a seguinte documentación:
–
Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.
–
No caso de discapacidade certificado do grao de minusvalidez
–
Se é o caso,sentenza xudicial de separación ou divorcio coa atribución da custodia
4- Para disfrutar das axudas será obrigatorio ter devoltos os libros recibidos do centro o curso anterior 2021-22.
5- Cada familia só realizará una solicitude na que incluirá tódolos fillos do centro.
MENÚS MES DE MAIO
Enviado por carmenosorio o Mar, 03/05/2022 - 20:45NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE MAIO
MENÚS MES DE ABRIL
Enviado por carmenosorio o Mar, 29/03/2022 - 15:12NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE ABRIL
DONATIVO DO CEIP DAS MERCEDES
Enviado por Anónimo o Xov, 24/03/2022 - 13:34O venres 18 de marzo realizouse no centro un acto solidario en favor da Paz. Nese acto os alumnos e profesores, de forma voluntaria, realizamos un donativo para axudar a tódolos damnificados pola guerra de Ucraína . O total recaudado foi de 2010 euros. Dende aquí damos a enoraboa a toda a comunidade educativa das Mercedes polo seu esforzo e ilusión.
Grazas a todos ¡¡¡¡¡¡
EN FAVOR DA PAZ
Enviado por carmenosorio o Lun, 21/03/2022 - 17:59O pasado venres 18 de marzo fixemos un acto solidario a última hora da mañá no patio do colexio. Saímos todos os nenos e nenas, xunto cos profes e cantamos a canción "A peor xogada" do grupo A Música das Baleas, gañador na categoría infantil do IV Certame de música infantil e xuvenil Quero cantar. É unha canción preciosa cunha preciosa letra pacifista.
ADMISIÓN CURSO 2022 - 2023
Enviado por carmenosorio o Mar, 08/03/2022 - 14:23PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES DO 1-21 DE MARZO
PODEDES OPTAR POLAS SEGUINTES FORMAS DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES.
1. Aplicación Admisiónalumnado
3. Presencial na secretaría do centro (ANEXO II)
Publicación de listaxes provisionais: 22 de abril de 2022
Publicación de listaxes definitivas: 13 de maio de 2022
MENÚS MES DE MARZO
Enviado por carmenosorio o Ven, 04/03/2022 - 18:50NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE MARZO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »