Skip to Content

Celebracións

Chegou o Samaín

Letras Galegas 2021

Dende o Ceip de Curtis quixemos renderlle homenaxe a Xela Arias no día das Letras Galegas. 

Recomendacións lectoras

 Para conmemorar o Día do Libro os alumn@s do Ceip de Curtis fixeron estas  recomendacións lectoras.

 

 

Hecho con Padlet

Entroido

O 12 de febreiro, os nenos e nenas do CEIP de Curtis celebramos o entroido. Mirade que ben o pasamos!
 

Cociñando no entroido

As nenas e nenos do Ceip de Curtis cociñaron postres típicos desta época do ano, o entroido. Mirade que boa pinta teñen!

 

O MECO

En 3, 2, 1....COMEZAMOS CO ENTROIDO!!!

Deixámosvos as comandas do Meco para a vindeira semana, non esquezades que non son acumulables.

          

 

VIVA O NOSO ENTROIDO!!!

DÍA DA INFANCIA

Co motivo do Día da Infancia os nenos e nenas do cole investigaron sobre diferentes asociacións que axudan a menores con dificultades. Aquí tedes un resumo donseu traballo. Esperamos que vos guste. 

No CEIP de Curtis celebramos o magosto!

Nesta nova realidade as tradicións seguen a celebrarse no CEIP de Curtis, eso si, adaptadas á nova situación.

Para celebrar o magosto cada curso elaborou unha manualidade empregando castañas.

 No seguinte vídeo podedes ver como quedaron.

 

No CEIP de Curtis celebramos o samaín!

Nestas datas alumnas, alumnos e familias afanáronse por adornar as súas cabazas con detalles relacionados co tema do proxecto de centro deste curso: "Unha nova realidade". Velaquí as mostras do seu traballo.

 

Día Internacional da Muller

O 9 de marzo conmemoramos no colexio o Día Internacional da Muller (sinalado en todo o mundo o 8 de marzo). Xuntámonos todos e cantamos as cancións “Ella” de Bebe e “Son muller” do grupo Máis boas que as patacas. Ademais, para traballar a importancia deste día, cada aula estivera días antes recompilando información sobre a figura e importancia de mulleres dos distintos países e culturas estudiados no noso Proxecto. E así, dende as mariscadoras galegas ata madame Curie, creamos unha exposición no corredor da entrada do colexio.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut