EVA Offline
EVA Offline
EVA Offline 6
6. Visualización de contidos sen conectividae
O alumnado poderá acceder á aplicación sen necesidade de conexión a internet, e durante esta sesión visualizará as materias que se sincronizaron na súa última conexión, así como as unidades dos contidos descargados.
Os contidos xa descargados presentan unha icona de aspa . Ao premer sobre ela borrase o contido descargado, polo que é importante advertir ao alumnado que non o fagan.
Para acceder aos contidos é necesario facer clic sobre aquela materia á que se quere acceder e farase clic sobre a opción "Contidos".
Abrirase unha nova ventá onde aparecerá o índice de unidades da materia. Facendo clic sobre o titulo de cada unidade, verase o contido asignado a esta.
Para abrir calquera dos contidos descargados só hai que facer clic sobre o seu título. Unha vez aberto, verase como o contido se visualiza en toda a área de traballo da aplicación.