EVA ONLINE: Acceso e interface 5

3.3. Área de bloques funcionais

Dende este panel situado no lateral dereito da páxina pódese acceder aos bloques funcionais establecidos inicialmente, a través dos cales se poden facer as principais tarefas para traballar no curso. A continuación preséntanse os bloques dispoñibles, deixando o seu funcionamento detallado para guías posteriores.

  • Atopar recursos: Permite buscar recursos no Punto Neutro para ser publicados posteriormente

  • Descargar Offline: Permite descargar a aplicación de escritorio para posteriormente traballar sen conectividade.

  • Ficheiros privados de usuario: O usuario pode xestionar os seus ficheiros privados.

  • Navegación: Permite navegar polas diferentes partes da plataforma.

  • Administración: O usuario pode realizar algunhas tarefas de configuración e administración da plataforma.

  • Calendario: Mostra o calendario do usuario e visualiza e xestiona as tarefas nel reflectidas.

Unha vez que se accede a EVA Online é necesario seleccionar a materia do grupo e centro na que se vai a publicar o programa.

Xa coñecemos un pouco EVA Online, CONTINUAMOS?