EVA ONLINE: Acceso e interface
Acceso e interface
EVA ONLINE: Acceso e interface 4
3.1. Barra de menús
Na barra de menús están as seguintes opcións:
-
Selector de idioma.
-
O meu escritorio.
-
As miñas materias.
3.1.1. Selector de idioma
Por defecto EVA Online está en idioma galego, pero co selector de idioma pódese elixir con cal se desexa traballar. Cámbiase facendo clic no devandito selector de idioma.
Pódese elixir entre:
-
Galego (gl)
-
Español (es)
-
English (en)
3.1.2. O meu Escritorio
Dende o menú O meu escritorio pódese acceder de forma rápida as principais funcionalidades do EVA Online. Inicialmente estas funcionalidades son:
-
A miña área persoal
-
Perfil
-
Calendario
-
Mensaxes
3.1.3. As miñas materias
Desde o menú As miñas materias pódese acceder directamente a cada unha das materias nas que cada alumno está matriculado.