EVA ONLINE: Acceso e interface

Sitio: Aula Virtual
Curso: WEB COLE
Libro: EVA ONLINE: Acceso e interface
Impreso por: Usuario convidado
Data: sábado, 30 de novembro de 2024, 7:45 AM

Descrición


Acceso e interface

EVA ONLINE: Acceso e interface 1

1. Introdución

Nesta guía mostráse como se accede ao Espazo Virtual de Aprendizaxe EVA Online, así como á descrición dos diferentes elementos da interface, e a organización das materias.

COMEZAMOS!

EVA ONLINE: Acceso e interface 2

2. Acceso

A URL para acceder á plataforma EVA Online é: https://eva.edu.xunta.es

Unha vez que se accede a través do explorador, aparece a pantalla de login ou acceso na que se poden distinguir as seguintes partes:

  • Login

  • Selector de idioma

  • Carrusel de novas

2.1.1. Login

Na pantalla de acceso a EVA Online, realízase a identificación na plataforma.

Para iso, introducirase o nome de usuario e o contrasinal correspondente. Posteriormente hai que facer clic en "Acceso" .

2.1.2. Selector de idioma

O selector de idioma permite elixir o idioma desta pantalla de acceso. Cámbiase facendo clic no devandito selector de idioma.

Pódese elixir entre:

  • Galego (gl)

  • Español (es)

  • English (en)

Por defecto a plataforma mostrarase en idioma "Galego".

2.1.3. Carrusel de novas

A pantalla de acceso mostra un carrusel con noticias ou novidades de interese para a comunidade educativa.

Anterior

EVA ONLINE: Acceso e interface 3

3. Páxina principal

Unha vez identificados, accedese á pantalla principal na que se distinguen as seguintes áreas:

  • Barra de menús.

  • Espazo de materias.

  • Bloques funcionais.

EVA ONLINE: Acceso e interface 4

3.1. Barra de menús

Na barra de menús están as seguintes opcións:

  • Selector de idioma.

  • O meu escritorio.

  • As miñas materias.

3.1.1. Selector de idioma

Por defecto EVA Online está en idioma galego, pero co selector de idioma pódese elixir con cal se desexa traballar. Cámbiase facendo clic no devandito selector de idioma.

Pódese elixir entre:

  • Galego (gl)

  • Español (es)

  • English (en)

3.1.2. O meu Escritorio

Dende o menú O meu escritorio pódese acceder de forma rápida as principais funcionalidades do EVA Online. Inicialmente estas funcionalidades son:

  • A miña área persoal

  • Perfil

  • Calendario

  • Mensaxes

3.1.3. As miñas materias

Desde o menú As miñas materias pódese acceder directamente a cada unha das materias nas que cada alumno está matriculado.

Anterior

EVA ONLINE: Acceso e interface 5

3.3. Área de bloques funcionais

Dende este panel situado no lateral dereito da páxina pódese acceder aos bloques funcionais establecidos inicialmente, a través dos cales se poden facer as principais tarefas para traballar no curso. A continuación preséntanse os bloques dispoñibles, deixando o seu funcionamento detallado para guías posteriores.

  • Atopar recursos: Permite buscar recursos no Punto Neutro para ser publicados posteriormente

  • Descargar Offline: Permite descargar a aplicación de escritorio para posteriormente traballar sen conectividade.

  • Ficheiros privados de usuario: O usuario pode xestionar os seus ficheiros privados.

  • Navegación: Permite navegar polas diferentes partes da plataforma.

  • Administración: O usuario pode realizar algunhas tarefas de configuración e administración da plataforma.

  • Calendario: Mostra o calendario do usuario e visualiza e xestiona as tarefas nel reflectidas.

Unha vez que se accede a EVA Online é necesario seleccionar a materia do grupo e centro na que se vai a publicar o programa.

Xa coñecemos un pouco EVA Online, CONTINUAMOS?