EVA Offline

EVA Offline 2

2. Acceso á aplicación

Para comezar a utilizar EVA Offline só hai que facer clic sobre a icona da aplicación dende o escritorio.

A primeira vez que se accede, é necesario activar a ferramenta e deberase estar conectado a internet. Introducirase o usuario e contrasinal e por último farase clic en "Engadir".

Xa na pantalla principal, é importante fixarse na icona ou marcador de conectividade.

Cando os usuarios estean conectados o indicador aparecerá de cor verde.

No momento no que nos encontremos offline, o marcador aparecerá de cor vermello.