Skip to Content

Escolares

DESPEDIDA DO CURSO 2014-15

Venres 19 de xuño. Hoxe é día de despedida d@s alumn@s: festas fin de curso en infantil, despedida d@s alumn@s de 6º, entrega de notas...

Ata nos visitou a televisión para gravar o último día do curso.

A FESTA DOS MAIOS

 

A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3.

@s alumn@s de Infantil e Primaria fixeron estes maios para celebrar a chegada da Primavera. Entrade para velos...!!

CARDIO VOLVE AO COLEXIO

O martes 10 de marzo visitounos CARDIO, o protagonista do Proxecto de Saúde Integral (Programa SI!)  dirixido polo cardiólogo Valentín Fuster e promovido polo Concello, no que participan  os alumn@s de Educación Infantil, 1º Ciclo de Primaria e as súas familias, durante este curso 2014-15.
O obxectivo deste programa é previr a obesidade infantil e as enfermidades cardiovasculares mediante a adquisición de hábitos saudables.

Traballamos a alimentación, a actividade física, o coñecemento do corpo e a xestión das emocións.

Xunto con Cardio visitáronnos o alcalde e a concelleira de educación do noso concello, que promove esta iniciativa.

NOTA: Novas fotos no album.

 
   

DÍA DA PAZ EN PRIMARIA

O día 30 de xaneiro tamén nos lembramos en Primaria de conmemorar o Día Escolar da Paz, e para que nos creades facede clic no enlace ou na fotografía para ver o vídeo dos nosos traballos
   

DÍA DO LIBRO 2013

O pasado 23 de abril celebrouse o Día do Libro 2013, co lema "Ler para vivir". A cidade de Bangkok (Tailandia) foi nominada como a "Capital Mundial do Libro" para o ano 2013.

No colexio tamén o celebramos:

 * Mural dos contos

* Día do Libro

* Animación á lectura: Encontros co autor 

* Don Quijote en Infantil

* Libro de receitas

* "A castañeira Marina"

* "Nuestro cuerpo es un puzle"

* "Babiñas, o caracol aventureiro"

* "As cores das froitas"

Sen perder de vista que o que comeza este día é un novo ciclo de animación á lectura que renovaremos o vindeiro 23 de abril de 2014, e que esta tarefa a realizamos a cotío co servizo de préstamo da biblioteca e co traballo nas aulas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut