Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Maio 1, 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2
Start: 02/05/2017 15:13




Estimadas familias,

Esta semana  el menú se ha visto modificado. El cambio solo afecta
a las guarniciones del segundo plato, intercambiándose entre sí las
guarniciones del día 2 de Mayo y 3 de Mayo; resultando:


MARTES:  Escalopines de cerdo con arroz al horno.
MIÉRCOLES: Pollo guisado con ensalada de lechuga y tomate.

Start: 02/05/2017 15:23

 

 

Estimadas Familias,

Esta semana o menú viuse modificado.

O cambio só afecta ás guarnicións do segundo prato, trocándose entre sí as guarnicións

do día 2 de MAIO e 3 de MAIO, resultando:

MARTES: Escalopins de porco con arroz ao forno.

MÉRCORES: Polo guisado con ensalada de leituga e tomate.


3
Start: 03/05/2017 11:27

 

 

 

 

ACTIVIDADE DE FÚTBOL

O  vindeiro   5 de maio e 1 de xuño son as datas nas que se  r

ecuperarán  as clases da actividade de fútbol que estaban pendentes.

O  horario será de 16:00 a 17:00hs .

 

Moitas gracias e rogamos disculpedes as molestias causadas.

 

 

 

Start: 03/05/2017 11:38

 

LogoAPA.jpg

 

        FIN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

·         Dependentes da APA:  (Judo, Robótica, Teatro e Fútbol )  rematan o    31 de maio.

                       Comunicarase as datas de recuperación da actividade de fútbol.

 

·              Dependentes do Concello: (Prepatín, patín, xogos rítmicos, baile moderno, multideporte, ximnasia rítmica e POE)  rematan o 16 de xuño.

 

Informar tamén que a Federación de APAS ten intención de poñer en marcha o programa CÓXEGAS (como xa fixera en setembro) para conciliar dende o 19 ao 23 de xuño de 16:00 a 18:00hs cun prezo de 5€. (os beneficiarios de beca comedor estarían exentos de cota).

 

CAMPACOLE DE VERÁN: Quendas semanais do 26 de xuño  ao 14 de xullo. Próximamente poderemos dar máis información .

 

Un saúdo.

 

Start: 03/05/2017 12:29

 

 

XX MOSTRA DE ACTIVIDADES CULTURAIS

 

10, 11, 12 e 13 maio 2017

 

 

 

Como en anos anteriores o CEIP Curros Enríquez participará na Mostra de Actividades Culturais que organiza a Federación de APAs de Centros Públicos de A Coruña.

 

 

 

CONCURSO DE DEBUXO:

 

Lembramoslles que fixemos un  concurso  desde a APA para poder ser ser o cartaz da Mostra.

 

 

 

A finalista deste centro foi:

 

Daphne Fiaño, que recibirá un diploma acreditativo e un agasallo na clausura do sábado día 13 de maio.

 

Moitas felicidades!!!

 

 

 

ACTUACIONS:

 

 

 

MÉRCORES 10

 

BLOQUE DE 18:00 A 19:00

Ximnasia Rítmica

BLOQUE DE 19:00 a 20:00

Xogos Rítmicos (pequenas)

Baile Moderno (maiores)

 

VENRES 12

 

17:00 a 18:00

Teatro

 

 

 

O mércores 10 tódalas actividades extraescolares se desenvolverán con normalidade, agás Ximnasia Rítmica que non se impartirá debido á actuación na Mostra.

O venres 12 de maio a actividade de teatro desenvolverase no Fórum, dentro da Mostra, no horario indicado.

 

 

 

As participantes das diferentes actividades deberán presentarse, xa preparadas  da casa (vestimenta, peiteado…), cunha media hora de antelación ao inicio de cadanseu bloque de actuación, segundo establecen as normas xerais. PRÉGASE PUNTUALIDADE.

 

Por favor, mantédevos atentos a calquera información adicional que poidades recibir da man dos diferentes monitores.

 

 

 

 NORMAS XERÁIS:

 

 

 

·         O público non poderá entrar ou saír do auditorio até a finalización do bloque, xa que o que se pretende é ver as actuacións que presentan outras ANPAS cos seus nenos e nenas, non só as do noso centro.

 

·         Non se permite a entrada dos carros de bebés ao auditorio, quedando na área de camerinos a cargo dos responsables da organización.

 

·         Cumprir os horarios establecidos en cada bloque, tendo en conta que cada ANPA ten que estar no vestíbulo do Forum 30 minutos antes do comezo da actuación.

 

·         Únicamente accederán aos camerinos os monitores e responsables das ANPAS, coas credenciais que se lles facilitarán o primeiro día da actuación

 

·         Un dos representantes da ANPA permanecerá á entrada do auditorio para cubrir calquera imprevisto que puidese xurdir.

 

·         Os nenos e nenas non sairán do recinto de camerinos ata que finalice o bloque. Estarán acompañados da APA e/ou monitor correspondente, e serán entregados ás súas familias no vestíbulo de entrada.

 

 

 

Precisamos da vosa colaboración para poder acudir ao acto, xa que os menores deben estar acompañados dun representante da APA ou colaboraborador durante o acto.

 

Moitas grazas

 

Podes descargar este documento facendo click aqui

 

4
Start: 04/05/2017 08:33

 

Estimadas Familias,

Debido a imposibilidade dalgúns alumnos de acudir á clase de fútbol este Venres 5 de Maio,

ábrese a posibilidade de que acudan a recuperala o día Martes 6 de Xuño.

Desta maneira as datas para recuperalas clases son:

 

Xoves 1 de Xuño de 16:00 a 17:00

Martes 6 de Xuño de 16:00 a 17:00

 

 

 

5
6
7
Distribuir contido