Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Xaneiro 30, 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
30
31
1
2
Start: 02/02/2017 13:01

CONCURSO DE DEBUXO FEDERACIÓN ANPAS

A Federación Provincial de ANPAS da Coruña organiza un concurso de debuxo entre todas as Asociacións de Pais e Nais de Alumnos da cidade.

O debuxo gañador será o Cartaz da XXI MOSTRA DE ACTIVIDADES CULTURAIS que se celebrará en maio.

A APA Parque de Belona debe elixir un só debuxo entre todos os presentados no centro, para levar ao concurso.

Os debuxos deben ter tamaño DIN-A4, ser anónimos e ao lado levará un sobre co nome e curso do responsable.

Os traballos presentados deberán ter un contido alusivo ás actividades extraescolares propias do evento.

Prazo límite para a entrega: 21 de febreiro, nas oficinas da APA.

O debuxo elixido para representar a nosa APA no concurso, decidirase o día 22 de febreiro.

Se queredes participar, animádevos e sorte!!!

Un saúdo!

3
4
5
Distribuir contido