Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Febreiro 02, 2017
Start: 02/02/2017 13:01

CONCURSO DE DEBUXO FEDERACIÓN ANPAS

A Federación Provincial de ANPAS da Coruña organiza un concurso de debuxo entre todas as Asociacións de Pais e Nais de Alumnos da cidade.

O debuxo gañador será o Cartaz da XXI MOSTRA DE ACTIVIDADES CULTURAIS que se celebrará en maio.

A APA Parque de Belona debe elixir un só debuxo entre todos os presentados no centro, para levar ao concurso.

Os debuxos deben ter tamaño DIN-A4, ser anónimos e ao lado levará un sobre co nome e curso do responsable.

Os traballos presentados deberán ter un contido alusivo ás actividades extraescolares propias do evento.

Prazo límite para a entrega: 21 de febreiro, nas oficinas da APA.

O debuxo elixido para representar a nosa APA no concurso, decidirase o día 22 de febreiro.

Se queredes participar, animádevos e sorte!!!

Un saúdo!

Domingo Febreiro 19, 2017
Start: 19/02/2017 23:41

 

Estimadas familias:

 

Desde a APA Parque de Belona queremos dar as grazas a todos os que nos

ofreceron axuda e apoio para poder levar a cabo a

FESTA DE ENTROIDO .

Teremos gracias a vos: pintacaras, photocall y taller de .

Tamén contaremos con globoflexia de 17:30 a 18:00hs.

Aínda que precisamos mais voluntarios para control de accesos, bar e

recoller ao remate .Animádevos a colaborar. Sen vós non sería posible!!!

 

  • - Día: 24 de febreiro , venres
  • - Lugar: Salón de actos do colexio.
  • - Hora: de 17:30 a 19:30 hs.
  • - Prezo para socios de APA: Gratis (máximo dous adultos por menor).
  • - Prezo para NON socios: 1 € por neno/a; 2 € por adulto.

 

Os menores deberán estar acompañados en todo momento por un adulto responsable.

Non olvidedes traer algún doce relacionado co Entroido para compartir entre todos (orellas, filloas,rosquillas, biscoitos……).

Podedes entregalos desde as 16:00 hs dese mesmo día, nas oficinas da APA.

Moitas grazas, novamente, pola vosa colaboración e apoio.

 

 

Distribuir contido