Eventos
A XUNTA DIRECTIVA APA Parque de Belona pon en coñecemento de todos os seus socios A TÍTULO INFORMATIVO, detalles sobre a “Campaña sen Deberes” iniciada pola CONFAPA e a CEAPA: “NOVE RAZÓNS PARA A ELIMINACIÓN DOS DEBERES”.
Os arquivos adxuntos quedan a disposición das familias interesadas.
Informamos do DEBATE desta campaña que terá lugar o sábado 29 de outubro ás 11:00 da mañá no hotel NH ATLÁNTICO. Poderán asistir socios/as das APAS.
Aviso; os pais socios do APA que queran ir teñen que inscribirse
Xunto remitimos os documentos básicos da Campaña sen deberes
1. CIRCULAR AS ANPAS E FAMILIAS.
2. 9 RAZÓNS E PORQUÉS DESTA CAMPAÑA.
Por outra banda, aproveitamos a ocasión para lembrarvos que no correo anterior invitamos a todas e todos a unha charla co presidente da CEAPA, José Luis Pazos, (día 29 na Coruña), na que falaremos desta campaña e dos motivos de por en cuestión o actual modelo educativo que impede aos nosos fillos e fillas do tempo mínimo de lecer e de compartir cos amigos e a familia por mor duns deberes obrigatorios inxentes que furtan o seu dereito á formación integral como persoas con xornadas de traballo que chegan as 60 horas semanáis.
Cuestionamos ese modelo educativo e defendemos os dereitos dos nosos fillos e dos país e nais nun tempo que é o da familia e non a prolongación da aula.
Apertas,
Les informamos que para la próxima semana el menú se ha visto modificado. Los menús del día 2 y 4 de Noviembre se intercambian entre sí, resultando lo siguiente:
- Miércoles:
o 1º Plato: Macarrones con tomate
o 2º Plato: Caella al horno con patatas y verduritas
o Postre: Yogur
- Viernes:
o 1º Plato: Sopa de espinacas
o 2º Plato: Albóndigas caseras con patatas
o Postre: Fruta
Disculpen las molestias
Atentamente
JARDANAY
APA PARQUE DE BELONA
CEIP CURROS ENRÍQUEZ.
Estimadas Familias,
Poñémonos en contacto para convocar Xunta Ordinaria de Socios da APA o día 24 de novembro ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.
Lectura e aprobación de actas pendentes.
2.
Informe económico exercicio 2015-16.
3.
Resumo curso 15/16 e comezo do actual.
4.
Denuncia furto.
5.
Situación actual da APA.
6.
Aprobación do reparto de Subvención de Comedor mediante cheque bancario.
7.
Valoración e creación de “comisións de traballo”: Libros, Nadal, activ extraescolares, Entroido, Fin de Curso….
8.
Rogos e preguntas.
Un saúdo.
Puedes descargar la circular haciendo click aqui