Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Setembro 27, 2016
Start: 27/09/2016 13:47

Queridas familias,

rematado xa o prazo posto pola Federación Provincial de APAs para inscribirse nos programas Deporte no Centro, POE e Natación; a APA Parque de Belona alégrase de que nas seguintes actividades se acadaran o cupo de alumnos necesario para poder levalas a cabo.

As actividades nas que se formou grupo son:

- Prepatín

- Xogos rítmicos

- Baile Moderno

- Ximnasia rítmica

- Multideporte

- Natación

- POE DE LUNS A VENRES.

Mágoa que Patín, Xadrez e Xogos tradicionais non acadaran o número de alumnos esixido. Estamos a espera de confirmación pola Federación de APAS se permiten a súa realización con menor numero de alumnos. En canto saibamos a súa decisión comunicarémolo polas vías de costume (circular, web, cartaz na fiestra da oficina…).

Das actividades ofertadas pola APA só fallan uns poucos alumnos para acadar o número necesario en Fútbol e en Robótica de 5º e 6º EP. Animamos a que os inscribades, xa que ó ser dependentes da APA, e non da Federación, aínda podedes facelo.

NOVA ACTIVIDADE:

Tras a reunión coas familias do día 14, presentóusenos a demanda dunha actividade os martes de 16:00 a 17:00hs, con gran esforzo presentamos a actividade de

ARTES PLÁSTICAS:

Dirixida a Educación Primaria, desenrolarán múltiples e diferentes formas e técnicas artísticas onde o alumno descubrirá a sua propia capacidade creativa.

Precísase dun mínimo de 10 alumnos.

O día de comezo será o martes 11 de outubro.

Prezo: 12 €/mes

Moitas grazas pola vosa colaboración e esforzo para sacar adiante as actividades.

HORARIO DA APA

MARTES DE 9 a 10

MÉRCORES DE 16 a 17

 

Podes descargar esta circular facendo click aqui

Mércores Outubro 05, 2016
Start: 05/10/2016 10:51

 

 

 

Xa temos o menu e calendario de comidas para o proximo trimestre no noso comedor escolar.

Disfrutadeo!

 

 

Podes descargar este documento facendo click aqui

Luns Outubro 17, 2016
Start: 17/10/2016 16:55

Xoves Outubro 27, 2016
Start: 27/10/2016 14:50

A XUNTA DIRECTIVA APA  Parque de Belona pon en coñecemento de todos os  seus socios A TÍTULO INFORMATIVO, detalles sobre a “Campaña sen Deberes” iniciada pola CONFAPA e a CEAPA:  “NOVE  RAZÓNS PARA A ELIMINACIÓN DOS DEBERES”.

Os arquivos adxuntos quedan a disposición das familias interesadas.

 

Informamos do  DEBATE  desta campaña que terá lugar o sábado 29 de outubro ás 11:00 da mañá no hotel NH ATLÁNTICO. Poderán asistir socios/as das APAS.

Aviso; os pais socios do APA que queran ir teñen que inscribirse

Xunto remitimos os documentos básicos da Campaña sen deberes

1. CIRCULAR AS ANPAS E FAMILIAS.

2. 9 RAZÓNS E PORQUÉS DESTA CAMPAÑA.

3. PETICIÓN AO TITOR

4. COMUNICACIÓN AO TITOR POR NON LEVAR OS DEBERES FEITOS DESPOIS DO FIN DE SEMANA NO CASO DE QUE LLOS PUXERAN.

 

Por outra banda, aproveitamos a ocasión para lembrarvos que no correo anterior invitamos a todas e todos a unha charla co presidente da CEAPA, José Luis Pazos, (día 29 na Coruña), na que falaremos desta campaña e dos motivos de por en cuestión o actual modelo educativo que impede aos nosos fillos e fillas do tempo mínimo de lecer e de compartir cos amigos e a familia por mor duns deberes obrigatorios inxentes que furtan o seu dereito á formación integral como persoas con xornadas de traballo que chegan as 60 horas semanáis.

 

Cuestionamos ese modelo educativo e defendemos os dereitos dos nosos fillos e dos país e nais nun tempo que é o da familia e non a prolongación da aula.

 

 

Apertas,

 

Distribuir contido