Eventos
Os nenos e nenas de 1º e 2º irán ao parque das Trigueirizas a ver aos Bolechas.
Sesión de contacontos por parte da editorial Kalandraka para os alumnos/as de 1º e 2º.
Celebrarase o Día do libro coas seguintes actividades:
- Apadriña un lector
- Exposición de poesías feitas polos distintos cursos.
Os alumnos/as que participaron no festival da canción misioneira irán de excursión ao cine.
Campionato comarcal de bádminton en Ramirás.
Exposición de traballos de galego en Cartelle.
Participación no festival de teatro de Bande coa obra de monicreques "Un día feliz".
Os alumnos/as de 4º de EP percorrerán o sendeiro Voz Natura da Carballeira de Santa María para recoñecer árbores autóctonas.
Os alumnos/as de 3º de EP farán a súa excursión fin de curso a Vigo.
Celebración do Día das Letras Galegas coa exposición de traballos do obradoiro de poesía e de traballos de aula sobre Xosé Filgueira Valverde.