Skip to Content

Novas

EXCURSIÓN 5º - 6º DE EP A VIVEIRO

 O alumnado de 5º e 6º de EP desfrutou da excursión do presente curso en Viveiro o pasado mércores 12 de xuño de 2019. 

Ao longo da mañá aventuráronse no ROQ PARK de Viveiro, un parque de aventuras no que pasaron máis de 3 horas trepando polas árbores, tirándose nas tirolinas e GOZANDO MOOOITOOO!!!!

Pola tarde visitaron a Granxa de Corais en Magazos, Viveiro. Primeiramente, de maneira grupal falaron do funcionamento da granxa e do que se atopaba alí para logo entrar ver a granxa e un gran acuario.

PATINAXE EN 1º DE EP

Segundo Herbet Spencer"O GRAN OBXECTIVO DA APRENDIZAXE NON É O COÑECEMENTO, SENÓN A ACCIÓN".

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria do noso cole tiveron unha curta clase de iniciación á patinaxe en mans da súa titora Lucía e da mestra de Educación Física Cova.

Unha pequena mostra da actividade vémola a través do seguinte vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=O7QAC1kbYSU&feature=youtu.be 

VISITA Á BIBLIOTECA DO SEMINARIO

O alumnado de 6º curso de Educación Primaria fixo unha visita moi especial a un lugar incrible que atopamos moi cerca da nosa escola: a biblioteca do Seminario.
Alí quedaron abraiados con todo o que viron e aprenderon da man de Don Félix Villares, quen lles falou sobre a construcción de dito seminario, o 3º en antigüidade de toda España.

EXCURSIÓN 1º E 2º EP. PARQUE TEMÁTICO ALDEA NOVA – NARÓN

 

O pasado venres 24 de maio o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo a excursión do curso 2018-2019. Desprazáronse ao Parque Temático "Aldea Nova" en Narón e alí realizaron 5 talleres: 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO ESCOLAR 2019-2020

 Segundo a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B) 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190520/AnuncioG0534-060519-0006_gl.html 

EXCURSIÓN 3º E 4º DE E. PRIMARIA - VIVEIRO E SAN CIPRIÁN

A excursión de 3º e 4º de E. Primaria...

Pola maña visitaron a Granxa de Corais en Magazos, Viveiro. Primeiramente, de maneira grupal falaron do funcionamento da granxa e do que se atopaba alí para logo entrar ver a granxa e un gran acuario.

ANTÓN FRAGUAS - LETRAS GALEGAS 2019

 

 Estamos a 17 de maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, hoxe festexamos a nosa cultura, a nosa identidade, a nosa lingua, as nosas letras...

 

Este ano homenaxeamos a ANTÓN FRAGUAS, un historiador, etnógrafo, xeógrafo e antropólogo que dedicou a súa vida a estudar a nosa cultura e a nosa terra...

 

OS MAIOS 2019

CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS EN MONDOÑEDO

 Este xoves 16 de maio grazas á iniciativa da Escola Municipal de Música de Mondoñedo festexamos "Os Maios".

Recorremos as rúas da cidade de Mondoñedo cantando e tocando diversas cantigas musicadas polo mindoniense Manuel Ledo "O Pallarego" e con textos de Cunqueiro e Jácome. 

Moitas grazas á Escola de Música, ao Concello de Mondoñedo e á comunidade educativa do colexio, ao alumnado de música e do ciclo de floristería do IES San Rosendo e ao centro asistencial San Pablo por participar e colaborar con esta iniciativa.

ESPERAMOS REPETIR O VINDEIRO ANO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut