Recordamos que xa abriu o prazo de matrícula para o curso 2020/2021, o cal estará aberto dende o 1 ata o 20 de marzo, ambolos dous inclusive.
Será necesario presentar na Secretaría do Centro a seguinte documentación:
- Solicitude de admisión segundo Anexo II que será facilitada na Secretaría do Centro ou pode descargarse da páxina web da Consellería de Educación ou nesta mesma entrada.
- Ficha con datos persoais e familiares facilitada na secretaría do Centro.
- Fotocopias do Libro de familia.
- Fotocopias do DNI dos pais/nais e do neno/a (de ser o caso).
- Certificado de empadroamento.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o alumno/a se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario.
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.