O alumnado de 5º e 6º de EP desfrutou da excursión do presente curso en Viveiro o pasado mércores 12 de xuño de 2019.
Ao longo da mañá aventuráronse no ROQ PARK de Viveiro, un parque de aventuras no que pasaron máis de 3 horas trepando polas árbores, tirándose nas tirolinas e GOZANDO MOOOITOOO!!!!
Pola tarde visitaron a Granxa de Corais en Magazos, Viveiro. Primeiramente, de maneira grupal falaron do funcionamento da granxa e do que se atopaba alí para logo entrar ver a granxa e un gran acuario.