E desta vez faino na compaña do meco Don Nicasio que se vai a quedar con nós uns días. Estará na entrada do colexio e debedes estar moi atentas e atentos xa que cada día nos mandará traer unha cousa. Lembrade:
Comezamos o LUNS 20 DE FEBREIRO.
As prendas NON son acumulativas.
Isto é voluntario pero cantos máis sexamos máis molamos!
LUNS 20: O luns, para ao cole guapo chegar, un bigote has de pintar (tamén vale postizo).
MARTES 21: Se á cabeza frío non queres ter, algo nela debes traer.
MÉRCORES 22: O mércores xa está aquí, e co pescozo adornado tes que vir.
XOVES 23: E como xa imos rematando, os teus zapatos trae adornados.
VENRES 24: O venres se no cole te queres divertir disfrazado do que queiras tés que vir. (Os nenos/as de Infantil co disfraz que están elaborando as súas mestras).