Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNOS: CURSO ESCOLAR 2019/2020

Procédese a abrir o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnos de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso escolar 2019-2020.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NA SECRETARIA DO CENTRO:

-- Solicitude de admisión segundo Anexo II. Pode descargarse aquí (en galego) e aquí (en castelán) ,na páxina web da Consellería de Educación, ou tamén será facilitada na secretaría do Centro.

-- Ficha con datos persoais e familiares. Pode descargarse aquí, ou tamén será facilitada na secretaría do Centro.

-- Fotocopias do Libro de familia.

-- Fotocopias do DNI dos pais/nais e do neno/a (de ser o caso).

-- Certificado de empadroamento.

-- Dúas fotografías tamaño carné.

-- Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o alumno/a se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario.

-- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.

-- No caso de separación ou divorcio, a solicitude terá que ser asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo a un deles, en ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

-- Cuestionario lingua materna infantil. Descargar aquí, ou tamén será facilitada na secretaría do Centro.

 

O PRAZO PARA FORMALIZAR A ADMISIÓN ABRANQUE DENDE O DÍA 01 Ó 20 DE MARZO, ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE. 

AdxuntoTamaño
ED550B-C solicitud de admisión.pdf1.13 MB


page | by Dr. Radut