Skip to Content

DÍA DA PAZ

O 30 de Xaneiro celebramos no noso centro o "Día da PAZ".

 

Durante os días previos traballouse o día da Paz dende as aulas, así como tamén escribir e decorar o noso "Muro da PAZ".

O xoves 30, despois do recreo, xuntámonos todo o centro no vestíbulo onde levamos a cabo o acto de celebración.

Durante o mesmo, cada aula puxo en común a lectura de frases relacionadas coa Paz, así como colgar unha prenda de roupa confecionada en cartolina e decorada previamente nas aulas con dita temática. Despois todos xuntos cantamos varias cancións sobre a PAZ.

 

 

Decoramos tamén unha gran paloma da PAZ en coordinación entre o segundo ciclo de educación infantil e o primeiro curso de educación primaria.

Podedes ver máis fotos deste día na nosa Galería.



blog | by Dr. Radut