O alumnado de Educación Infantil durante as semanas previas ó Nadal, estivemos buscando nos catálogos de xoguetes e analizamos quen aparece empregando o xoguete e clasificamos se é xusto ou non.
Dialogamos sobre qué xoguetes ou xogos poden xogar os nenois e nenas chegando á conclusión de que todos podemos xogar a todo.
Pero o traballo non rematou aquí, e elaboramos o noso catálogo de xoguetes igualitario.
Por outra banda, aproximámonos á etiquetaxe dos xoguetes aprendendo a recoñecer algúns dos símbolos que deben de aparecer na súa embalaxe.
Como broche final, elaboramos uns xogos con material de refugallo para tres colectivos do noso concello (escola infantil, residencia de anciáns e centro asistencial "San Pablo").