Skip to Content

LUNS 16/03/2020

 

Bo día alumnado e familias!

Estes días continuaremos coa actividade lectiva de xeito telemático, polo que vos recomendamos estar pendentes das novidades que poidamos ir deixándovos dende a páxina web do centro.

Nos arquivos adxuntos atoparedes a actividade do día de hoxe, que nalgúns casos xa resume as tarefas a realizar durante a semana completa.

No caso do alumnado de 3º de Educación Primaria deberá repasar os contidos xa dados, e realizar tarefas de reforzo daquela materia impartida na titoría, facendo especial fincapé na práctica da división. Deberán realizar as fichas que foran entregadas pola titora para o repaso dos exames. No que respecta ás Ciencias Sociais, repasarase o relevo de España: ríos, cordilleiras, mares, océanos, arquipélagos... Nas Ciencias Naturais é importante traballar os contidos dos materiais e a materia. Por último, nas linguas, farase especial fincapé no repaso dos determinates. Para as outras asignaturas atoparedes a información nos arquivos aquí subidos.

O alumnado de 4º de Primaria accederá arriba a dereita á Aula Virtual (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcunqueiro/aulavirtual/) e entrará ao curso coas claves que lles foron facilitadas. O acceso como convidado tamén é posible coa clave "cuarto".

 

Por outra banda, queremos ser partícipes do Proxecto "Desde mi ventana", que serve para facer os días máis levadeiros dende a casa. A idea consiste en facer un cartel con un arcoiris que conteña a mensaxe "Todo sairá ben", ou algunha mensaxe de agradecemento ao persoal sanitario. Estes carteis poderán ser impresos ou debuxados, e colgaranse nas ventás das vivendas ou terrazas. Así, cando un neno/a doutro edificio se asome á súa fiestra, verá que hai outro neno ou nena pasando a mesma situación ca el nos edificios das ventás decoradas.  Deixamos tamén uns modelos que poderán ser descargados, ou, se o preferides, podedes deseñar o voso propio. Unha vez feitos poderedes compartilos a través da nova páxina de facebook: CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO MORA - MONDOÑEDO.

Un saúdo!

AdxuntoTamaño
1º de primaria.pdf63.91 KB
1º ED. PRIMARIA Fichas de traballo dia 16.pdf704.67 KB
Tarefas 1º Ed. Primaria inglés.pdf125.34 KB
Música 1º-1.pdf289.51 KB
Música 1º-2.pdf470.17 KB
Música 1º-3.pdf288.1 KB
Música 1º-4.pdf424.62 KB
Tarefas 2º Ed. Primaria inglés.pdf126.09 KB
Música 2º-1.pdf306.78 KB
Música 2º-2.pdf519.57 KB
Tarefas 3º Ed. Primaria inglés.pdf126.98 KB
Música 3º-1.pdf297.97 KB
Música 3º-2.pdf364.58 KB
Música 3º-3.pdf629.85 KB
Tarefas 4º Ed. Primaria inglés.pdf117.7 KB
Música 4º.pdf83.29 KB
Tarefas 5º Ed. Primaria inglés.pdf122.22 KB
Matemáticas 5º 16 marzo.pdf49.63 KB
Música 5º-1.pdf384.87 KB
Música 5º-2.pdf523.01 KB
Música 5º-3.pdf553.79 KB
Tarefas 6º Ed. Primaria inglés.pdf121.69 KB
tarefas 6º Ed. Primaria titoría .pdf61.12 KB
Música 6º-1.pdf294.52 KB
Música 6º-2.pdf453.33 KB
Música 6º-3.pdf462.06 KB
Sociais 6º-1.pdf351.56 KB
Sociais 6º-2.pdf695.4 KB
Sociais 6º-3.pdf546.14 KB
Debuxo Todo sairá ben.pdf3.54 MB
TODO VAI SAIR BEN.pdf222.58 KB
TODO VAI SAIR BEN.pdf222.58 KB


blog | by Dr. Radut