Skip to Content

VISITA Á BIBLIOTECA DO SEMINARIO

O alumnado de 6º curso de Educación Primaria fixo unha visita moi especial a un lugar incrible que atopamos moi cerca da nosa escola: a biblioteca do Seminario.
Alí quedaron abraiados con todo o que viron e aprenderon da man de Don Félix Villares, quen lles falou sobre a construcción de dito seminario, o 3º en antigüidade de toda España. Grazas a el descubriron numerosas curiosidades e puideron coñecer verdadeiros tesouros, como a biblia políglota, un libro do Século XIII sobre a vida de San Francisco de Asís, o primeiro dicionario de galego de Valladares (datado do ano 1884) e tres incunables.
Ademais diso, os nenos foron agasallados con libros, e para a nosa biblioteca tamén nos deron dous exemplares.
A visita non puido ser mellor! E vos... sabiades que a biblioteca do Seminario era así? Paga a pena visitala!
 
Estamos seguros que volveremos! 


blog | by Dr. Radut