CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS EN MONDOÑEDO
Este xoves 16 de maio grazas á iniciativa da Escola Municipal de Música de Mondoñedo festexamos "Os Maios".
Recorremos as rúas da cidade de Mondoñedo cantando e tocando diversas cantigas musicadas polo mindoniense Manuel Ledo "O Pallarego" e con textos de Cunqueiro e Jácome.
Moitas grazas á Escola de Música, ao Concello de Mondoñedo e á comunidade educativa do colexio, ao alumnado de música e do ciclo de floristería do IES San Rosendo e ao centro asistencial San Pablo por participar e colaborar con esta iniciativa.
ESPERAMOS REPETIR O VINDEIRO ANO!!!