Skip to Content

BRAULIOTUBER

 

 

Esta tarde o alumnado de 3º de Educación Primaria do noso cole recibiu a visita de Braulio Bolechas. Alí estiveron os nenos e nenas de 3º e a súa mestra Lorena gravando un capitulo para o programa da TVG “Brauliotuber”.

Adiantamos que falaron da vida do noso coñecido Álvaro Cunqueiro Mora e das súas obras.

O programa será emitido nos seguintes meses a través da canle dos Bolechas, procuraremos deixarvos o enlace pola nosa páxina web para que toda a comunidade educativa o poida visualizar.

Moitas grazas ao programa Brauliotuber por facernos unha visita ao CEIP Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo.

 



blog | by Dr. Radut