No norte da provincia de Lugo atópase o val de Mondoñedo, que descansa entre montañas vellas de cumes redondeadas. Sito entre as serras de Lourenzá, A Toxiza e os Montes de Enfesta.
Os bosques de piñeiros e eucaliptos ocupan grandes extensións de terreo, pero tamén abundan os castiñeiros e os carballos nas ladeiras das montañas. Nos cauces dos ríos complétase a vexetación con álamos, bidueiros e salgueiros.
A cidade ábrese paso no medio de toda esta vexetación.
O lobo, o corzo ou o xabarín, acompañados de pequenas manadas de cabalos salvaxes, son os habitantes dos bosques que rodean o val.
Os distintos tonos de verde ás veces vense interrumpidos coas cores grises dos cumes de granito.
Os ríos, os regatos e as fontes de augas cristalinas que descorren polo val levan as súas augas ó Masma, río máis importante de Mondoñedo, onde verten o Valiñadares e o Cesuras. Máis tarde, uniráselles o Tronceda e o Figueiras, a partir de onde tomarán o nome de Masma, río que axiña chegará ó Mar Cantábrico na ría de Foz.
A extensión de Mondoñedo é de 142,7 Km2 e a súa poboación atópase distribuída nas parroquias de Argomoso, Couboeira, Figueiras, Santa María Maior, Masma, O Carme, Os Remedios, Santiago, San Vicente, Oirán, Sasdónigas, Viloalle e Vilamor.