Skip to Content

Contacontos "Os experimentos científicos"

O venres 19 de outubro tivemos no CEIP Álvaro Cunqueiro unha sesión de contacontos “Experimentos científicos” por parte da editorial SM.

Na historia que nos contaba, a súa protagonista era a científica “Paquita Dinamita” que viaxaba a unha conferencia de científicos aos Estados Juntitos de América. Durante a viaxe chega a nunha illa deserta, na cal debía atopar artimañas para poder comer e comunicarse.

Así é cando comezan unha serie de experimentos, todos eles adaptados aos diferentes niveis.

Moitas grazas á editorial SM e a “Paquita Dinamita” por facernos gozar dunha actividade diferente.

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut