Skip to Content

blogue deadmin

Conmemoración da Constitución Española (6 de decembro)

Con motivo da conmemoración da Constitución Española, os nenos/as do noso centro, coordinados polo Equipo de Biblioteca, elaboraron un vídeo sobre os nosos dereitos e deberes!!

Podedes velo no noso blogue da Biblioteca!!

Desexamos que vos guste!!

Lecturas para o SAMAIN

Merliño recomenda varias lecturas para gozar da festa do Samaín. Para máis información visita o noso blogue da biblioteca.

SAMAIN 2013

 

Esta semana no noso centro celebramos O SAMAIN!!

 

Aquí vos deixamos algúns enlaces de interese.

Visita do C.B. Ensino

O pasado xoves 15 de abril, Raúl González-Redondo (coordinador das escolas deportivas de Mondoñedo) trouxo ao noso centro a unhas xogadoras e dous técnicos do C.B. Ensino, que compartiron uns momentos moi agradables cos alumnos de cuarto, quinto e sexto de primaria.
Os últimos fixéronlles unha entrevista que moi pronto poderedes ler en "As Novas do Masma".

As imaxes da visita do C.B. Ensino pódense ver na galería de fotos.

Ver fotos

Visita aos bombeiros de Barres

O pasado xoves 25 de marzo, os alumnos de segundo e terceiro de primaria fixeron unha visita ao parque de bombeiros do Principado de Asturias en Barres.

Os nenos puideron comprobar o funcionamento do parque, baixaron por unha barra coma se dunha emerxencia se tratara, asistiron a unha escarcelación dun vehículo e mesmo viron como funciona o camión dos bombeiros, probaron os seus traxes e desfrutaron dun baño de escuma.

Debérono pasar moi ben. Ver imaxes.

Os alumnos de 5º e 6º viron unha obra de teatro en inglés.

O pasado luns 22 de marzo os alumnos de 5º e 6º de Primaria viaxaron ata Lugo, acompañados polas súas profesoras, para ver unha obra de teatro integramente en inglés. A actividade foi programada por Lola Castro, profesora de idioma extranxeiro no noso centro.
A experiencia foi moi positiva.

SINOSE DA OBRA

Cun texto totalmente en inglés, e cancións en directo, descubriron as aventuras do xoven Arthur. Baixo a mestría do mago Merlín, e sorteando as trampas que lle pon a bruxa Morgana, o rapaz convértese finalmente en rei de Inglaterra, ao ser o primeiro en sacala espada Excalibur da pedra onde estaba cravada.

(Ver máis). http://www.youtube.com/v/oQhVSdsZz4k&hl=es

Estamos en obras...

En obrasEstamos traballando na web do centro, proximamente iremos engadindo contidos en tódalas categorías.

Xa está dispoñible a sección de enlaces.

Gracias por visitarnos.

Distribuir contido


by Dr. Radut