Skip to Content

blogue deadmin

PLANETARIO CIENCIA KIDS - FULLDOME SPACE

 

O periódico “El Progreso” de hoxe fai eco da actividade do planetario que os nenos e nenas do CEIP Álvaro Cunqueiro desfrutaron o Luns 22 de outubro.

No ximnasio do centro instalamos o planetario inchable e por cursos visualizamos as diferentes proxeccións que nos ofrecían.

  • E. Infantil: “Topos, ¿que hay ahí fuera?
  • 1º e 2º de E. Primaria: “Topos, Platón el explorador”
  •  3º e 4º de E. Primaria: “Polaris, el submarino espacial”
  • 5º e 6º de E. Primaria: ”Polaris, el misterio de la noche polar”

 

 

Contacontos "Os experimentos científicos"

O venres 19 de outubro tivemos no CEIP Álvaro Cunqueiro unha sesión de contacontos “Experimentos científicos” por parte da editorial SM.

Na historia que nos contaba, a súa protagonista era a científica “Paquita Dinamita” que viaxaba a unha conferencia de científicos aos Estados Juntitos de América. Durante a viaxe chega a nunha illa deserta, na cal debía atopar artimañas para poder comer e comunicarse.

Así é cando comezan unha serie de experimentos, todos eles adaptados aos diferentes niveis.

Moitas grazas á editorial SM e a “Paquita Dinamita” por facernos gozar dunha actividade diferente.

 

BOLETIN INFORMATIVO 2018-2019

 

 

Día da Muller na aula de inglés

Para o 8 de marzo, día da muller, os alumnos de sexto realizaron un mural con diferentes mulleres importantes.

Fixeron unha búsqueda sobre: María Pita, Maruja Mallo, Rosalía, Marie Curie, Ada Lovelace, Concepción Arenal...

Mulleres que fixeron historia.

 

Día da Paz na aula de inglés

Co gallo do día da paz na clase de inglés realizamos un mural no que todos os alumnos de primaria fixeron cadanseu símbolo da paz.

Nadal na clase de inglés

Polo Nadal na clase de inglés realizamos murales entre outras actividades.

BO NADAL 2017

Dende o CEIP Álvaro Cunqueiro Mora queremos desexarvos un bo Nadal e feliz Ano a tod@s. 

Hoxe xuntámonos no salón de actos para levar a cabo unha serie de actuacións conmemorativas destas datas. Os alumnos de E. Infantil representaron o Nacemento de Xesús cunha obra titulada "Todos velaban por el". Os alumnos de E. Primaria cantaron e interpretaron con instrumentos musicais varias panxoliñas. 

Gracias a tod@s pola vosa colaboración!

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO NO CURSO 2017/2018

No arquivo adxunto podedes ver a listaxe do alumnado admitido para o vindeiro curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut