Skip to Content

blogue deadmin

MES DA CIENCIA - "XOGAMOS COA CIENCIA"

Con motivo do mes da Ciencia en novembro, dende Biblio Merliño ocorréusenos organizar uns experimentos levados a cabo polo alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria para todo o centro. Hoxe tivemos a súa exposición no salón de actos.

Pasámolo xenial e aprendemos moito!

Grazas a todos os participantes por mostrarnos os vosos experimentos.

25 Novembro. Violencia de xénero

 

 “Entendemos que inculcar igualdade, empatía e respecto dende que somos nenos é unha das claves para atallar estas condutas espeluznantes”. Leire Martínez, Haritz Garde, Álvaro Fuentes, Pablo Benegas Xabi San Martín/La Oreja de Van Gogh

 

Ecopilas en Mondoñedo

 



 

A “Fundación ecopilas” estivo esta mañá na nosa vila. Por iso se achegaron os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria para coñecer un pouco máis acerca da importancia da reciclaxe de pilas, posto que o seu nivel de contaminación é moi alto.

 

https://ecopilas.es/ 



 

CHARLA DO SECTOR MADEIREIRO - ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS (LUGO)

O martes 20 de novembro a Asociación de Empresarios do sector madeireiro de Lugo impartiu unha charla no noso cole acerca da importancia deste sector na nosa provincia.

Falouse do proceso cíclico que comeza dende a tala, transformáse e acaba coa semente para unha nova producción madeireira.

BRAULIOTUBER

 

 

Esta tarde o alumnado de 3º de Educación Primaria do noso cole recibiu a visita de Braulio Bolechas. Alí estiveron os nenos e nenas de 3º e a súa mestra Lorena gravando un capitulo para o programa da TVG “Brauliotuber”.

Adiantamos que falaron da vida do noso coñecido Álvaro Cunqueiro Mora e das súas obras.

O programa será emitido nos seguintes meses a través da canle dos Bolechas, procuraremos deixarvos o enlace pola nosa páxina web para que toda a comunidade educativa o poida visualizar.

Magosto 2018

 

O pasado venres 2 de novembro festexamos o magosto no noso cole. Por cursos participamos nunha xincana con actividades variadas e adaptadas a todos os niveis. Así como tamén degustamos as castañas asadas que os nenos e nenas foron traendo ao longo da semana.

PASÁMOLO XENIAL!

 

Setas de Estelo

Mostramosvos as setas de "Estelo" recollidas por Brais e a súa familia (6º de EI) 

 

"O SAMAÍN 2018"

No CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO MORA quixemos celebrar o Samaín coa decoración do centro e cun concurso de cabazas. Tivemos moita afluencia, polo que participou a meirande parte do noso alumnado. A través deste vídeo mostrase a decoración e a multitude de cabazas.

 https://www.youtube.com/watch?v=42--XN4mgik

Distribuir contido


by Dr. Radut