Skip to Content

blogue deadmin

XINCANA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil gozaron o venres dunha xincana final de trimestre. 

Agrupáronse os tres niveis e por equipos con temática de animais (cabalos, abellas, xoaniñas, polvos, vacas...) coas indicacións das mestras foron atopando os ovos agochados polo noso recinto para finalmente levarse un agasallo final que lles gustou moito moito !!!

DENDE O CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO MORA DESEXAMOS UNHAS BOAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA.

 

Voltamos o  martes 23 de abril de 2019

Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e no seu Entorno.

 Ao longo desta semana recibimos as charlas informativas/formativas do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e no seu Entorno para o noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. 

Os nenos e nenas de 5º trataron as Novas Tecnoloxías e os/as de 6º acerca do Acoso Escolar.

 

Dende o centro agradecemos á parella de Gardas Civís que levaron a cabo as nosas xornadas así como á implicación e importancia que dende a Consellería se lle da a estes temas tan relevantes hogano no ámbito educativo.

VISITA DO MONDOÑEDO FC

Hoxe recibimos a visita do equipo de fútbol do noso pobo MONDOÑEDO FC, acudiron parte da directiva, o adestrador e varios xogadores.

Unha charla moi amena onde animaron a todos os nenos e nenas a facer deporte. Comezaron falando das orixes e implicacíón do equipo directivo e dos xogadores para logo continuar coa rolda de preguntas por parte do alumnado, a cal tivo moito éxito.

Tamén nos agasallaron con un póster do equipo desta tempada e unha chapa co escudo.

APERTURA DA BIBLIOTECA DO COLE ÁS FAMILIAS

O "patio" do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora

Gústavos como quedou o noso patio?

A nos encántanos :-)

Podemos xogar ao twister, ao tres en raia, ao jump, ás chapas e á mariola !!!

Admisión de alumnado: curso 2019/2020 até o 20 de marzo

Recordamos que o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de a

8 de marzo. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

O xoves día 14 de marzo conmemoramos o día da muller traballadora coa visita de Esther Otero.

Trátase dunha muller da nosa vila de avanzada idade que veu a contar como foi a súa infancia fai máis de 80 anos. Os temas tratados nesta charla foron moi amplos; dende a educación, sanidade, vida familiar... ata temas laborais facendo fincapé no papel que exercía a muller. 

Está claro que as diferenzas coa actualidade son abismais, a pesar diso, debemos seguir dando pasos para conseguir unha plena igualdade entre homes e mulleres.

Moitas grazas a Esther polas vivenzas transmitidas ao noso alumnado.

O entroido no noso cole

O venres 1 de marzo festexamos o entroido no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora con moita festa; desfilamos, bailamos, cantamos e comemos un cocido acompañado dunha sobremesa con filloas e orellas.  

Distribuir contido


by Dr. Radut