Skip to Content

Novas

Un paseo emocionante polo Mondoñedo de Cunqueiro 5º e 6º de EP

Ao longo da mañá do día de hoxe, Mércores 19 de decembro de 2018, os alumnos de 5º e 6º curso fixeron unha saída pola vila.

Dende o concello invitáronnos a coñecer a iniciativa de “Mondoñedo e familia, un paseo emocionante polo Modoñedo de Cunqueiro” cun percorrido duns 45 minutos aproximadamente con audioguía ficcionada.

MES DA CIENCIA - "XOGAMOS COA CIENCIA"

Con motivo do mes da Ciencia en novembro, dende Biblio Merliño ocorréusenos organizar uns experimentos levados a cabo polo alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria para todo o centro. Hoxe tivemos a súa exposición no salón de actos.

Pasámolo xenial e aprendemos moito!

Grazas a todos os participantes por mostrarnos os vosos experimentos.

25 Novembro. Violencia de xénero

 

 “Entendemos que inculcar igualdade, empatía e respecto dende que somos nenos é unha das claves para atallar estas condutas espeluznantes”. Leire Martínez, Haritz Garde, Álvaro Fuentes, Pablo Benegas Xabi San Martín/La Oreja de Van Gogh

 

BRAULIOTUBER

 

 

Esta tarde o alumnado de 3º de Educación Primaria do noso cole recibiu a visita de Braulio Bolechas. Alí estiveron os nenos e nenas de 3º e a súa mestra Lorena gravando un capitulo para o programa da TVG “Brauliotuber”.

Adiantamos que falaron da vida do noso coñecido Álvaro Cunqueiro Mora e das súas obras.

O programa será emitido nos seguintes meses a través da canle dos Bolechas, procuraremos deixarvos o enlace pola nosa páxina web para que toda a comunidade educativa o poida visualizar.

Distribuir contido


by Dr. Radut