Skip to Content

Novas

Última hora do centro

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. 24 de Febreiro

Hoxe día 24 de Febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro polo seu aniversario.

O MECO DONA PANCRACIA

Ola nenos e nenas do Ceip Álvaro Cunqueiro Mora!

Xa estou aqui, xa cheguei... Sabedes quen son? Son o meco Dona Pancracia e veño para quedar con vós uns días pero para eso teredes que seguir as miñas ordes. 

LEMBRADE:

  • COMEZAMOS O LUNS 25 DE FEBREIRO
  • AS PRENDAS NON SON ACUMULATIVAS
  • ISTO É VOLUNTARIO PERO CANTOS MÁIS SEXAMOS MÁIS MOLAMOS!

PARA EMPEZAR A SEMANA, ¡¡SE NON VOS PARECE MAL, PODEMOS CHEGAR AO COLE VESTIDOS CUN DELANTAL!!

Os ELECTRECOS, o que se enchufa recíclase

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP xa pertencen ao movemento RAEE dos Bolechas.

O pasado luns 18 de febreiro visitounos EcoSonia dos Bolechas co programa Electrecos para falarnos do movemento RAEE (Residuos de Aparellos Electrónicos e Eléctricos). 

A través dos seguintes enlaces podeis ver en que consiste esta iniciativa que nos están presentando nos centros educativos, así como tamén algunha actividadade a realizar: 

http://www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas/index.html 

http://www.oqueseenchufareciclase.gal/ 

CHARLAS EDUCACIÓN SEXUAL

O alumnado de 6º de Educación Primaria formou parte dun proxecto promovido pola Deputación de Lugo acerca da educación sexual. O obxectivo principal é chegar a centros de educación primaria da nosa provincia para mostrar a diversidade sexual, fomentando e promovendo a igualdade en idades temperás, dunha forma madura, responsabel e sen prexuízos.

Así é que ao noso centro chegou o Dr. Francisco Rodríguez Piñán, médico experto en sexoloxía para impartir as charlas aos nenos e nenas e intentar alcanzar nestas idades unha educación sexual axeitada e que se vexan resoltas todas as dudas existentes.

Foron unhas xornadas dinámicas e entretidas. Moitas grazas ao Dr. Francisco e a Deputación de Lugo.

Día da Paz 2019

Hoxe día 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz no colexio. Fixemos varias actividades entre as que destacamos a comilona da "Chocolatada pola Paz". Tamén cantamos a canción de Girasoles (Rozalén), traballamos algunhas das súas frases e pintamos os seus xirasoles.

O MUNDO ESTÁ CHEO DE MULLERES E HOMES BOS!

 

Coñecemos o Proxecto Rebinxe...

Esta semana visitáronnos un grupo de alumnos de 2º de BAC do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo para dar a coñecer o "Proxecto Rebinxe" ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. 

É un proxecto que comezaron o ano pasado acerca da biodiversidade da zona é que xa obtiveron o premio Galiciencia 2018. 

Dende o cole agradecer a vosa exposición e desexarvos moitos máis éxitos!

 

Un paseo emocionante polo Mondoñedo de Cunqueiro 5º e 6º de EP

Ao longo da mañá do día de hoxe, Mércores 19 de decembro de 2018, os alumnos de 5º e 6º curso fixeron unha saída pola vila.

Dende o concello invitáronnos a coñecer a iniciativa de “Mondoñedo e familia, un paseo emocionante polo Modoñedo de Cunqueiro” cun percorrido duns 45 minutos aproximadamente con audioguía ficcionada.

MES DA CIENCIA - "XOGAMOS COA CIENCIA"

Con motivo do mes da Ciencia en novembro, dende Biblio Merliño ocorréusenos organizar uns experimentos levados a cabo polo alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria para todo o centro. Hoxe tivemos a súa exposición no salón de actos.

Pasámolo xenial e aprendemos moito!

Grazas a todos os participantes por mostrarnos os vosos experimentos.

Distribuir contido


by Dr. Radut