Skip to Content

CHEGA O SAMAÍN!

 

 

Xa case está aquí! Para celebralo queremos encher o noso cole con cabazas decoradas por vós. Este ano como novidade non imos a baleiralas. Recordade que tedes de prazo ata o  venres 28 de outubro, dádevos présa!

Aproveitamos para avisarvos de que para facilitar a navegación da web, este tipo de avisos non aparecerán na páxina principal senón que se agruparán nos diferentes apartados situados a ambas marxes. Neles podedes seguir a actualidade do centro.

 

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Comunicámosvos que o vindeiro 27 de outubro ás 11:15 horas terá lugar o sorteo para elixir aos integrantes da Xunta Electoral encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar. 

No documento adxunto recóllese esta información de forma detallada.

REUNIÓN DE FAMILIAS

O vindeiro luns, día 10 de outubro de 2016, terán lugar as reunións coas familias do alumnado onde se tratarán diversos temas de interese relativos á súa escolarización. O horario para cada unha delas é o seguinte:

HORA CURSOS
16:30 Infantil, 1º e 2º
17:30 3º,4º,5º e 6º

Benvidas e benvidos ao curso 2016/2017

Xa estamos de volta! Estade atentos/as porque en breve iremos actualizando a páxina web do centro con información interesante.

Benvidas e benvidos ao curso 2016/2017

REMATE DO CURSO 2013/2014

O 20 de Xuño remataron as clases dando paso as vacacións de verán. Entregáronse os boletíns de avaliación e despedímonos dos nosos compañeiros/as cunha sesión de festa.

Esa mesma semana levaronse a cabo diversas actividades entre as que destacamos: a graduación dos nenos/as da aula de 5 anos (que para o vindeiro curso comezarán unha nova etapa en Primaria), e a visita ó centro da Escola de Música de Mondoñedo (da cal moitos integrantes son alumnos/as do colexio).

 

 

Horario Xornada Continuada

Co inicio do mes de Xuño, comezamos o horario de Xornada Continuada ata o remate das clases o vindeiro venres día 20.

Así, o noso horario de entrada será ás 9:20 horas e sairemos ás 14:05 horas.

Os nenos transportados sairán despois do comedor, sobre as 14:45 horas.

Clases de Zumba no noso colexio

Hoxe deron comezo as clases de Zumba para todos/as aqueles nenos/as interesados en "mover" un pouco o seu corpo disfrutando tamén da música e do baile.

As clases imparteas a mestra Sandra. Estenderanse ata finais de curso e levaranse a cabo por ciclos nos recreos dos mércores, xoves e venres!!

A disfrutar coas clases de Zumba!!

 

O PATIO DE INFANTIL

POR FIN TEMOS O NOSO PATIO DE INFANTIL!!

Dende hoxe martes 20 de Maio comezamos a disfrutar do noso ansiado patio de infantil, onde os nenos/as deste ciclo poderán disfrutar da nova zona de xogos acolchada, e separada do patio "dos maiores".

Agradecer dende aquí a todos os organismos e asociacións que axudaron a que este patio se levase a cabo. Moitas grazas!!

Distribuir contido


by Dr. Radut