Skip to Content

CLUB DE LECTURA

Estreamos ano e novo trimestre, e para comezar e coller folgos... lembrar que o club de lectura está a punto de comezar. Estade atentos e atentas que empeza a conta atrás! TIC TAC TIC TAC...

 

 

.

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Todos os días son para inculcar valores de igualdade e de non violencia. Pero aproveitando o Día Internacional contra a violencia de xénero, este 25 de Novembro colaboramos co CIM do Concello na sensibilización contra esta lacra. As nenas e nenos fixeron un obradoiro de elaboración de murais. Algúns deles estarán os vindeiros días nos escaparates da vila. Aquí vai un pequeno adianto!

SORTEO DOS MEMBROS QUE FORMARÁN PARTE DA MESA ELECTORAL

Adxúntase o documento onde figuran os titulares e suplentes, elexidos mediante sorteo público, de nais/ pais do alumnado para a elección dos seus representantes no Consello Escolar

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

No documento adxunto figuran os candidatos/as dos diferentes sectores da comunidade educativa (profesorado, familias e persoal de administración e servizos) ao consello escolar.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO CENTRO

Onte, día 3 de novembro, constituiuse a xunta electoral do centro. Tedes toda a información no arquivo adxunto.

SAMAÍN 2016

Que ben acompañado estivo estes días Merliño! Había cabazas para todos os gustos, graciñas pola vosa colaboración. Agardamos que vos gusten tanto coma a nós! Picade no adxunto para velas.

MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

No documento adxunto recóllese a acta do sorteo realizado esta mañá para a elección dos membros que formarán parte da xunta electoral do centro.

Nela figuran os representantes do profesorado, das familias e do persoal non docente.

Distribuir contido


by Dr. Radut