Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO E RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2018-2019

O vindeiro 1 de febreiro iniciarase o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/2019.

  • Reserva de Praza para o centro de adscrición (alumnado de 6º EP que reserva praza para o IES San Rosendo) do 1 ao 15 de febreiro. Presentarase no centro de orixe o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo I)  A reserva de praza poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

BO NADAL 2017

Dende o CEIP Álvaro Cunqueiro Mora queremos desexarvos un bo Nadal e feliz Ano a tod@s. 

Hoxe xuntámonos no salón de actos para levar a cabo unha serie de actuacións conmemorativas destas datas. Os alumnos de E. Infantil representaron o Nacemento de Xesús cunha obra titulada "Todos velaban por el". Os alumnos de E. Primaria cantaron e interpretaron con instrumentos musicais varias panxoliñas. 

Gracias a tod@s pola vosa colaboración!

 

ENTREGA LIBROS DE PRÉSTAMO CURSO 2017/2018

A entrega dos libros de préstamo para o vindeiro curso 2017/18 realizarase os días 5 e 6 de setembro en horario de 10,00h a 13,00h.

LISTADO DEFINITIVO ADXUDICACIÓN FONDO LIBROS

Desde o seguinte enlace poden ver o listado definitivo de adxudicación de libros para o vindeiro curso 2017/2018.

Adxudicación libros texto

CALENDARIO ESCOLAR 2017/2018

LIBROS DE TEXTO CURSO 2017/2018

Desde o enlace pódese descargar o listado de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2017/2018.

Listado libros

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO NO CURSO 2017/2018

No arquivo adxunto podedes ver a listaxe do alumnado admitido para o vindeiro curso.

XA CHEGA O ENTROIDO!

E desta vez faino na compaña do meco Don Nicasio que se vai a quedar con nós uns días. Estará na entrada do colexio e debedes estar moi atentas e atentos xa que cada día nos mandará traer unha cousa. Lembrade:

Comezamos o LUNS 20 DE FEBREIRO.

As prendas NON son acumulativas.

Isto é voluntario pero cantos máis sexamos máis molamos!

 LUNS 20:  O luns, para ao cole guapo chegar, un bigote has de pintar (tamén vale postizo).

MARTES 21:  Se á cabeza frío non queres ter, algo nela debes traer.

Distribuir contido


by Dr. Radut