Skip to Content

Mandadiño para o xoves

Mandadiño para o mércores

Mandadiño para o martes

LEMBRADE:

  • COMEZAMOS O LUNS 25 DE FEBREIRO
  • AS PRENDAS NON SON ACUMULATIVAS
  • ISTO É VOLUNTARIO PERO CANTOS MÁIS SEXAMOS MÁIS MOLAMOS!

PARA O MARTES 26: ÉRGUETE CEDO, SALTA DA CAMA E VENTE AO COLEXIO SEN QUITAR O PIXAMA!!!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. 24 de Febreiro

Hoxe día 24 de Febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro polo seu aniversario.

O MECO DONA PANCRACIA

Ola nenos e nenas do Ceip Álvaro Cunqueiro Mora!

Xa estou aqui, xa cheguei... Sabedes quen son? Son o meco Dona Pancracia e veño para quedar con vós uns días pero para eso teredes que seguir as miñas ordes. 

LEMBRADE:

  • COMEZAMOS O LUNS 25 DE FEBREIRO
  • AS PRENDAS NON SON ACUMULATIVAS
  • ISTO É VOLUNTARIO PERO CANTOS MÁIS SEXAMOS MÁIS MOLAMOS!

PARA EMPEZAR A SEMANA, ¡¡SE NON VOS PARECE MAL, PODEMOS CHEGAR AO COLE VESTIDOS CUN DELANTAL!!

Admisión de alumnado: curso 2019/2020

Procédese a abrir o prazo para a presentación de solicitudes de admisión d

Os ELECTRECOS, o que se enchufa recíclase

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP xa pertencen ao movemento RAEE dos Bolechas.

O pasado luns 18 de febreiro visitounos EcoSonia dos Bolechas co programa Electrecos para falarnos do movemento RAEE (Residuos de Aparellos Electrónicos e Eléctricos). 

A través dos seguintes enlaces podeis ver en que consiste esta iniciativa que nos están presentando nos centros educativos, así como tamén algunha actividadade a realizar: 

http://www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas/index.html 

http://www.oqueseenchufareciclase.gal/ 

CHARLAS EDUCACIÓN SEXUAL

O alumnado de 6º de Educación Primaria formou parte dun proxecto promovido pola Deputación de Lugo acerca da educación sexual. O obxectivo principal é chegar a centros de educación primaria da nosa provincia para mostrar a diversidade sexual, fomentando e promovendo a igualdade en idades temperás, dunha forma madura, responsabel e sen prexuízos.

Así é que ao noso centro chegou o Dr. Francisco Rodríguez Piñán, médico experto en sexoloxía para impartir as charlas aos nenos e nenas e intentar alcanzar nestas idades unha educación sexual axeitada e que se vexan resoltas todas as dudas existentes.

Foron unhas xornadas dinámicas e entretidas. Moitas grazas ao Dr. Francisco e a Deputación de Lugo.

Distribuir contido


by Dr. Radut