Skip to Content

NUNCA CHOVEU

Estimadas familias, nestes días que son de aillamento polo ben de todos nos, queremos permanecer unidos, e seguimos a pensar en algo que nos pode unir e que os nenos e nenas sigan en contacto cos seus compañeiros, propoñemos outro debuxo para compartir na páxina do noso facebook, neste caso co lema "NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA". E así ha de ser, imos sair, e as nosas nenas e nenos, son uns campións, desde aquí queremos que sepan que estamos todos xuntos. Moito ánimo!!

 

 

TAREFAS

Bo día familias, esperamos que todo descorra dentro do esperado nesta situación que nos atopamos, a partir de agora en lugar de colocar as tarefas nesta páxina central imos colocalas na columna da dereita no apartado de Actividades para cada curso segundo está sinalado, pensando que é moito máis cómodo.

MOITO ÁNIMO!!!

SEMANA DA MULLER.

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, a semana pasada os nenos e nenas do cole disfrutaron dunha semana de cine.

Desta forma, cada curso puido desfrutar dunha película na que a protagonista era unha muller que rompía cos esteriotipos sexistas que imperan na sociedade actual.

Tras isto, realizouse un "cine fórum" no que se discutiron diferentes aspectos coa finalidade de traballar a igualdade entre homes e mulleres.

 

QUE BEN O PASAMOS!

Martes 17/03/20

Estimadas familias e alumnado:

Continuamos coas tarefas recomendadas para hoxe.

Recomendamos seguir pendentes tanto da páxina web do colexio así como da páxina de facebook (Ceip Álvaro Cunqueiro Mora- Mondoñedo) onde iremos colgando tarefas e novas de interese para todos.

Ademais, para o alumnado de 4º de Educación Primaria, aparece adxuntado unha guía de cómo entrar na aula virtual para poder ter acceso ás actividades que deben desempeñar estes días. Tamén, adxuntamos recomendacións de Educación Física para facer nestes días e, así, manternos un pouco máis activos.

Por último, propoñemos un experimento moi divertido para facer na casa e axudar ós nenos a comprender mellor cómo funcionan os virus.

Moito ánimo!

LUNS 16/03/2020

 

Bo día alumnado e familias!

Estes días continuaremos coa actividade lectiva de xeito telemático, polo que vos recomendamos estar pendentes das novidades que poidamos ir deixándovos dende a páxina web do centro.

Nos arquivos adxuntos atoparedes a actividade do día de hoxe, que nalgúns casos xa resume as tarefas a realizar durante a semana completa.

CHARLA DÍA DA MULLER

Hoxe, despois do recreo, tivemos unha visita moi especial: Isabel de Picoaga, que nos veu falar da súa grande aficción (o ciclismo) e de como este deporte está moi masculinizado.

Os nenos e nenas estiveron moi interesados e fixeron un montón de preguntas. 

MOITAS GRACIAS ISABEL por participar connosco no cole e por ensinar ós pícaros que o xénero dunha persoa non determina o que podes ou non podes facer.

Admisión alumnado. Curso 2020/2021

Recordamos o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnos de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2020-2021.

O PRAZO PARA FORMALIZAR A ADMISIÓN ABRANGUE DENDE O DÍA 1 Ó 20 DE MARZO, ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE.

A información necesaria para matricular ó alumnado atópase detallada no apartado SECRETARÍA//ADMISIÓN DE ALUMNOS: CURSO 2020/2021 desta páxina web ou chamando ó centro no 982870553. 

Por outra banda, tamén se pode realizar este procedemento de xeito telemático na páxina web da XUNTA.

TEMPO DE ENTROIDO. CURSO 2019/2020

Chegou o Entroido ó CEIP "Álvaro Cunqueiro Mora" e, con el, o desfile de disfraces que se ven realizando todos os anos.

Neste curso, os nenos e nenas disfrazaránse de diferentes películas moi coñecidas e están desexando ensinárvolos.

O desfile será mañá, día 21 de febreiro de 2020 ás 11:30 horas no patio do noso cole.

Agardamos que podades asistir e disfrutar con todos nós. ÍMOLO PASAR DE CINE!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut