Skip to Content

PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS 3º TRIMESTRE CURSO 2019/2020

Estimadas familias, estas son as programacións adaptadas conforme a este terceiro trimestre do curso 2019/2020 segundo ás Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

GAÑADOR QUE CONTO É?

O gañador é DANIEL POLO CANDIA

TÍTULOS QUE CONTO É?

DIA DO LIBRO 23/04/20

Estimadas familias, co motivo da celebración do Día do Libro, enviamos un marcapáxina para que o coloreedes e o poñades en comentarios do noso facebook para que todos podamos velo. Así tamén propoñemosvos un xogo, que conto é?, vendo a portada tedes que adiviñar de cal se trata, para responder ides aos comentarios do facebook e comentades así: cor, número e título. Acordadevos azul infantil, vermello 1º e 2º E.Primaria, verde 3º e 4º E.Primaria e amarelo 5º-6º E.Primaria. Animádevos!!!  a ver quen acerta máis. Un saúdo e moita saúde.

 

 

 

 

 

 

Departamento de Orientación do centro

Ademais de todos os medios de contacto para solventar dúbidas, en calquer sentido que podan surxir en referencia ao centro, todo aquel ou aquela que o precise pode poñerse en contacto co Departamento de Orientación.  

 

 

PUBLICACIÓN NOTAS

Bo día, mañá a partir do mediodía saíran publicadas as notas na aplicación abalarMóbil, si esta aplicación non a teñen descargada é suficiente con poñer abalarMóbil no buscador e xa descargala, é compatible para todo tipo de terminal (android, ios) si non logran descargala e consultar as notas, poden solicitalas por e-mail a: ceip.cunqueiro@edu.xunta.gal, e proporcionaráselles unha copia polo mesmo medio.

 

Un saúdo

Axudas Comedor

Boa tarde, informar que segundo a orde do 27 de marzo do 2020, desde hoxe e ata o próximo día 6/04/20, ambos inclusive, as familias que teñan fillas/os usuarios /as de comedor gratuito ou que abone 1€ por día, poden solicitar vía telemática a axuda que se aproba nesa Orde. A dirección da sede electrónica é a seguinte:

https://sede.xunta.gal. 

Poñemos tamén a Orde para que a poidan consultar.

O que o precise e co fin de que todos poidan tramitar as solicitudes, poden enviar un correo ao centro ceip.cunqueiro@edu.xunta.gal, indicando o nome, apelidos e DNI do solicitante e o número de conta onde queren que se faga o ingreso, e xa procedemos á súa tramitación.

 

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut