Skip to Content

blogue deadmin

ABERTO PRAZO MATRÍCULA 2024/25

 

ZUMBA - Plan PROXECTA: MOVETE +

A actividade de ZUMBA do Plan Proxecta: Móvete +, chegou ao seu fin.  Polo menos este curso…

Grazas a Zumba, todos os luns no recreo, nenos e nesas de distintos cursos nos reunimos para movernos ao ritmo da música, exercitar o corpo e pasar un anaco divertido. Por esta razón, queremos ensinarvos algunha pinceladiña do que fixemos estes meses.

Estades convidados e convidadas a nosa pequena exhibición de ZUMBA.

Que non pare a música… ZU ZU ZU ZUMBA!

 

ENTROIDO 2024

O próximo venres esperámosvos a todos para disfrutar do noso entroido

O MANDADIÑO DO MECO - ENTROIDO 2024

A próxima semana xa nos adentramos de cheo no Entroido, e como cada ano, debemos seguir os mandadiños do noso meco!

Estade moi atentos!! E recordade que os mandadiños son acumulativos! 

 

30 de XANEIRO - DÍA DA PAZ

Este ano, con motivo do día da paz quixemos dar unha volta ó mundo. A viaxe foi facendo paradas en varios dos países dos que proceden os nosos alumnos. Descubrimos cales eran os seus xogos tradicionais, os seus bailes, os seus traxes, as súas comidas...e ata as puidemos probar!!

Dende aquí queremos agradecer a todas as familias que participaron pola súa gran labor, e por achegarnos un pouquiño da súa cultura. Moitas gracias!

 

 

XOGUETES SOLIDARIOS

Como xa sabedes, dende a biblioteca do centro este ano estamos a traballar o proxecto de xogos e xoguetes. Durante as últimas semanas os nosos nenos e nenas, xunto cos seus profes, estiveron traballando arreo para elaborar uns preciosos xogos con materiais reciclados.

Estes xoguetes son para unha fermosa causa solidaria. Queremos colaborar coa organización de Cáritas en Mondoñedo, aportando comida para o seu banco de alimentos.

¡¡Non dubides en participar!!

 

SAN SILVESTRE MINDONIENSE

A NOSA FESTA DE FIN DE ANO

Distribuir contido


by Dr. Radut