ACTIVIDADES VARIADAS E RETO (Semana do 19 ao 26 de maio)

Boas!

Espero que sigades todos ben!

Antes de nada, dicirvos que me encantou a videoconferencia que fixemos o pasado xoves. Gustoume moito poder vervos e falar con vós despois de tanto tempo. Espero que pasárades un anaco divertido! Sen dúbida, repetiremos a experiencia.

Como cada semana, achégovos as actividades para traballar cada unha das áreas e o reto nº 10.

Lembrade que podedes enviarme dúbidas, tarefas, actividades para corrixir, fotos, vídeos ou calquera outra cousa que queirades ao correo aulaprimeirocovas@gmail.com 

Estarei encantada de recibir as vosas novas!

Unha aperta

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADES.pdf731 KB
RETO Nº 10.pdf129.68 KB