INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2020 - 2021.

 ATENCIÓN!!!!!!! Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

1. PROCESO DE ADMISIÓN

 

 

      O Procedemento para a admisión de alumnos en centros docentes sostidos con fondos públicos regúlase polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro (D.O.G do 26 de decembro de 2012) e pola Orde do 12 de marzo de 2013 (D.O.G. do 15 de marzo de 2013), modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 ( D.O.G. do 1 de febreiro).

- Oferta de postos escolares no noso centro:

  •  4º de Ed. Infantil : 22 + 3 (reservadas)
  •  5º de Ed. Infantil : 2
  •  6º de Ed. Infantil : 6

 

  •  1º de Ed. Primaria : 1+3 (reservadas)
  •  2º de Ed. Primaria: 2
  •  3º de Ed. Primaria: 4
  •  4º de Ed. Primaria: 4
  •  5º de Ed. Primaria: 7
  •  6º de Ed. Primaria: 3

- A zona de influencia do centro:

Seguindo a resolución do Delegado da Consellería de Educación e O.U con saída do 6 de Abril de 2009 sinálase o límite sur desta zona por rúa
Cantarrana, límite de Avda. Cantarrana en proxección coa rúa Vila de Vilalba estendéndose pola rúa Vila de Ribadeo. Inclúe Granxas, Covas, Congostras, Pallaregas, O Pedregal, Súasbarras, etc. Pola parte Norte – Noroeste esténdese ata o camiño de Nogarido en cruce coa estrada de Ferrol ata a praia dos Castelos. Polo oeste prolóngase ata a montaña que discorre paralela ao ferrocarril .

- O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día 1 ata o día 20 de marzo de 2019, ámbolos dous inclusive.

O impreso de solicitude ( Anexo II - formulario normalizado ED550B) será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

Documentación a achegar coa solicitude de admisión:

- Copia do D.N.I da persoa solicitante e dos membros computables da unidade
familiar, cando denegue a súa consulta.
- Documento acreditativo do requisito da idade do/da alumno/a.
- Certificado empadroamento.
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos
esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o
caso.

      No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo
de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para
presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.
      O criterio complementario aprobado polo Consello Escolar tal e como se recolle no
apartado i) ao abeiro do disposto no Decreto 254/2012 e na Orde do 12 de marzo de 2013
é o seguinte: Por solicitar en primeiro lugar un centro público. A valoración deste
criterio será 1 punto e a acreditación farase de oficio polo propio centro, sendo o
documento acreditativo a propia solicitude de admisión (ANEXO II da Orde).

- A relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido, por cursos, publicarase
antes do 25 de abril mediante listaxes ordenadas por puntuación. Esta listaxe provisional
poderá ser obxecto de reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do
seguinte ao da súa publicación ante o Consello Escolar.

- As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio.

- O prazo de formalización da matrícula, que deberá axustarse ao modelo normalizado do
ANEXO III da Orde do 12 de marzo de 2013, será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado o
prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

IMPORTANTE:

  • Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro que se solicita praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  •  O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  •  O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

O HORARIO DE ENTREGA E RECOLLIDA DE SOLICITUDES SERÁ DE 10:55 H A 11:45H DE LUNS A VENRES E DE 13:25H A 14:15H OS MARTES E XOVES.

 

AdxuntoTamaño
Información Admisión curso 20-21..odt.pdf93.35 KB