Inicio do curso - 11 de setembro de 2024

Este mércores 11 de setembro dará comezo o curso lectivo 2024-25. 

Desde o primeiro día teremos o noso horario habitual de 9h a 14h. 

O alumnado de 3 anos que optou polo período de adaptación terá o seu horario especial na primeira semana. O profesorado de Educación Infantil xa informou a estas familias do seu horario. 

A cancela principal (única entrada para o alumnado) en Rampa de Sas abrirá ás 8:50 (durante este curso, como novidade, será ás 08:55) e os/as alumnos/as se dirixirán a zona das filas onde cada titor/a pasará listado e subirán ás aulas. O alumnado de 3º e 5º de Primaria será ubicado polo profesorado no patio nas respectivas filas dos grupos A e B según a distribución deste curso. 

Se algunha familia necesita recoller libros de préstamo ou vales, se dirixirá directamente á nosa oficina administrativa a partir das 9 horas. 

No edificio de Greco tamén abrirán as portas minutos antes das 9.00 am. para a organización do alumnado no patio. 

As normas detalladas son as mesmas que nos curso anteriores  que podedes consultar neste enlace --> Normas básicas

 

Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Setembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30