Transporte escolar
TRANSPORTE ESCOLAR: |
Este servizo complementario conta coa figura do coidador/a, que velará pola seguridade do alumnado transportado nos traslados das paradas ao colexio e viceversa. Tanto ao inicio como ao fin a xornada escolar, o alumnado deberá estar acompañado por un adulto responsable del nas paradas do autobús.
Calquera modificación que se produza no uso do transporte escolar (cambio de domicilio e polo tanto de parada, uso non continuado ou diario, cambio da persoa que recolle ou deixa ao alumnado na parada, etc.) deberá ser comunicado por escrito ao colexio.
Este ano utilizaremos de novo a tarxeta de transporte. Contará con ela aquel alumnado que segundo a lei teñan dereito ao seu uso, así como aqueles que, aínda que non teñen dereito, tramitaron no seu momento a solicitude e lles veña concedida. A tarxeta de transporte só dá dereito ao uso do autobús na ruta e parada que vén indicada nela. En ningún caso se pode cambiar de autobús nin parada sen previa autorización por escrito da dirección do colexio.
Contamos con tres rutas:
Ruta 1: Centroña.
Ver Ruta de transporte nº 1 en un mapa más grande
Ruta 2: Ombre – Nogueirosa.
Ver Transporte escolar en un mapa más grande
Ruta 3: Olmo – O Barro.
Ver Ruta de transporte en un mapa más grande