Que é estar san?

Estamos sans cando o noso corpo funciona ben e podemos realizar sen problemas as nosas actividades cotiás.

Cando o noso corpo non funciona ben, sentímonos mal e dicimos que estamos enfermos/as.

Unha persoa enferma pode sentir dor, febre, mareo, perda de apetito,...

Curamos.

Cando estamos enfermos, debemos acudir ao centro de saúde e seguir as recomendacións do médico.

O médico pódenos receitar algún medicamento. Os medicamentos axudan a curar algunhas enfermidades. Pero só se deben tomar cando os receita o médico.

Para axudarnos a manternos sans, debemos seguir uns hábitos saudables:

COIDAMOS A NOSA SAÚDE

Manter a hixiene.

Antes de comer hai que lavar as mans e despois, os dentes. Tamén hai que ducharse a diario.

Facer exercicio.

O exercicio físico fortalece os ósos e os músculos e achega moitos outros beneficios para a saúde.