Esquema de temas

  • Propostas Xoves 10 de Febreiro 2022

    Bo día familias e nenos e nenas. 

    Xa queda menos para volver ao cole, pero mentres seguimos traballando en casa. 

    Déixovos hoxe unhas propostas de xogos con cousiñas que temos en casa para traballar a motricidade fina,o conteo, as cores...

    Tamén vos deixo unhas actividades virtuais de conteo e de lecto-escritura segundo a idade dos cativos e cativas.

    Vémonos moi prontiño.

    Un saúdo. 

    Olaia. 

  • Propostas Martes 8 febreiro 2022

    Bos días familias!

    Hoxe deixovos duas actividades para traballar a atención e poden dar moito xogo para que os cativos asocien, relacionen e mesmo pensen historias.

    Nunha atividade deberán encontrar o intruso, serán catro imaxes e deben descartar a que non corresponde cos demais.

    Na seguinte actividade deberán buscalas diferenzas entre duas imaxes casi iguais. En cada imaxe vos aparece o número de diferenzas entre unha e outra (3 ou 4), son sinxelas e pode ser divertido á hora de facelas con eles, animádevos!

    Os nenos que viñeron a aula estiveron facendo un copo de neve, podedes facer un con cousas da casa (paos, servilleta, papel,...) así que se queredes crear un copiño na casa, intentádeo, deixovos unha imaxe!

    Para finalizar, un conto que sempre ven ben para o día a día.

    Un saudo a todos e todas,

    María

  • Propostas luns 7 febreiro 2022

    Bos días familias!

    Para comezar esta semana, déixovos para traballar un pouco sobre vocabulario da temática que estamos a traballar, podedes dicirlle a palabra e que busquen a imaxe, recoñecer palabras e asociar a palabra e a imaxe.

    Despois tedes unha actividade para contar con eles, deberán contar cada imaxe e se tedes algún puzzle de números poden coller o número que corresponde ou como fixemos noutra proposta contar cos macarrón cada debuxo.

    Para rematar, tamén hai unha actividade para facer series, deben sinalar a orde na que corresponde a seguinte imaxe.

    E un enlace a outro conto, esta vez "A voda do galo pinto"

    Un saúdo!

    María

  • Propostas venres e fin de semana

    Bos días de novo familias!

    Hoxe deixovos varias cousiñas para facer xa que é venres e temos o fin de semana por diante. Recórdovos que son ideas, non é obrigatorio facelo todo!

    O primeiro é un resumo que vos manda a profe Olaia sobre o proxecto que están levando a cabo na aula, sobre Groenlandia, para refrescar a memoria e conten cousiñas.

    Tamén os deixo unha idea relacionada co inverno e este frío para facer neve, é moi sinxela e diverida, animádevos!

    E deixovos unhas actividades para facer cos cativos sobre a temática, nunha teñen que buscar as cousas relacionadas co inverno e relacionalas cas palabras, outra é un sudoku moi sinxelo no que terían que engadir a prenda que non está nese recadro.

    Para practicar os números deixovos duas fichas nas que teñen que contar e dicir cal é o número, nestas podedes axudarvos con lentellas ou macarróns para que vaian contando con eles o número de obxectos que hai en cada recadro, que lles pode axudar.

    E por último, deixovos o enlace a un contacontos "A casa da mosca chosca".

    Que teñades boa fin de semana e un saúdo!

    María

  • Primeiras propostas!

    Benvidas e benvidos!

    Comezamos o primeiro día da aula virtual, déixovos as propostas por aquí! Podedes adaptalas como queirades e non son obrigatorias.

    Tedes o poema do boneco de neve para ler con eles, poden repetilo con vós.

    Despois poden crear o seu propio boneco de neve, debuxalo ou crealo con algodón, arroz ou o que vexades pola casa.

    Tamén deixo unha búsqueda de obxectos, se tedes unha lupa na casa ou aumentar a imaxe no ordenador para averiguar de qué se trata e logo relacionala coa palabra. Despois de facer isto, anímovos a que collan as cousas do inverno (gorros, bufandas ou manoplas deles) e poden contar cantas teñen, as cores, en qué parte do corpo as levan,...

    Que teñades un bo día, un saúdo!

    María

  • Tema 6

  • Tema 7