Skip to Content

OBRADOIROS DE BENESTAR EMOCIONAL

 

     Ioga no Cornide

 

  Como parte do PVAD e dos Contratos Programa, desenvolveuse esta actividade importante para lograr un clima de benestar emocional e dar estratexias e recursos de relaxación e manexo de emocións ao alumnado e ao profesorado. A escola Mahashakti impartiu dúas xornadas de obradoiros no noso centro nos que dúas monitoras de ioga especialistas en traballo con nenos e nenas, fixeron sesións adaptadas á idade de cada grupo para que todos as aproveitasen ao máximo.

 

  Aproveitamos estes días de bo tempo para realizalas no exterior, xa que o noso espazo verde proporciona un ambiente idílico para esta práctica.

 

 

  Agardamos que lle sacárades moito proveito e a poñades en práctica en canto poidades.

 



page | by Dr. Radut