Skip to Content

HORARIO DE SECRETARÍA EN DÍAS NON LECTIVOS

A partir do 21 de xuño o horario de atención ao público da secretaría será de 10 a 13 horas.

Ata o 30 de xuño: Matrículas novo alumnado.

26 e 27 de xuño: Entrega historiais académicos alumnado 6º EP.

2 e 3 de xullo: Entrega de vales das axudas de libros.

 

A partir do 8 de xullo, se necesitan contactar co centro deberán facelo a través do teléfono 981 24 87 96 ou do correo electrónico: ceip.cornide.saavedra@edu.xunta.gal

LIBROS DE TEXTO - CURSO 2024/2025

A continuación poden consultar as listaxes dos libros de texto para o próximo curso 2024/2025

 

INFANTIL

                                                

3 ANOS                         4 ANOS                     5 ANOS

 

PRIMARIA

                                                                                                         

ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2024/2025

 

AVISO:

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2024

Documentación a presentar para a matrícula:

- Impreso formalización de matrícula

(Pódese descargar en Anexos ou solicitar no colexio)

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

- 3 fotografías tamaño carné

 

Documentación necesaria para a solicitude de admisión

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta (art. 32)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor. (art. 31)
  • No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados.

Prazos

  • 1 ao 20 de marzo de 2024: presentación solicitude.
  • 21 de marzo ao 5 de abril: presentación documentación acreditativa en caso de baremar.
  • 25 de abril: listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización matrícula.

Documentos e impresos

Lexislación básica

FESTA DAS FAMILIAS

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

1.- NORMATIVA REGULADORA.

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25. (DOG 20/05/2024)

 

2.- DESTINATARIOS.

- Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e Ed. Especial: Axudas para adquirir libros de texto.

- Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria: Fondo solidario de libros de texto.

- Todo o alumnado de Educación Primaria: Axudas para a adquisición de material escolar.

 

 3.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

·  Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

· A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2024/25.

· As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

· Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente na Secretaría do colexio en horario de 9:10 a 11:30 ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

· Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

· O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos, na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación fondo libros

· A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.

 

4.- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E OUTRAS DATAS DE INTERESE

Presentación de solicitudes: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (ambos incluídos)

Devolución de libros de texto do curso 2023/24: 18 de xuño de 2024.

Publicación das listaxes provisionais: 26 de xuño de 2024.

Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: 27 e 28 de xuño de 2024.

Publicación das listaxes definitivas: 1 de xullo de 2024.

Entrega de vales: 2 e 3 de xullo de 2024 en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Entrega de libros do fondo solidario (3º e 4º EP): Comunicarase en setembro.

Os vales que queden sen recoller, entregaranse a partir do 2 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas. 

 

5.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.

As persoas interesadas deberán presentar:

a) ANEXO I e ANEXO II.

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente(cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º.Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 MÁIS INFORMACIÓN EN DOCUMENTO ADXUNTO

RESERVA DE PRAZA - CURSO 2024/2025

 

Seguindo o establecido na ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, comeza o prazo para a reserva de praza daquel alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO no IES SARDIÑEIRA ao que está adscrito o noso colexio.

O prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro ambos inclusive.

A solicitude pode cubrila dixitalmente na aplicación admisión alumnado e logo presentala asinada no centro ou en Sede electrónica

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargándoa no seguinte enlace, cubríndoa e presentándoa firmada na secretaría do noso colexio.

IMPRESO ED550A.

* Esta solicitude tamén está á súa disposición na secretaría do cole e levarana o luns 15 as alumnas e alumnos de 6º.

Importante: A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras da alumna/o. Deberá constar o anexo I-bis (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán o día 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pode axudar este manual :   - MANUAL PARA FAMILIAS

O  sábado 27 de xaneiro ás 12:00 horas, o IES SARDIÑEIRA invita ás nais e pais do alumnado de 6º a unha xornada de portas abertas onde poder visitar o centro e solventar dúbidas.

De non escoller o IES SARDIÑEIRA, deberán presentar o IMPRESO ED550B no IES elexido entre o 1 e o 20 de marzo ambos incluídos, ou ben na Sede electrónica da Xunta ou na aplicación admisión alumnado.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2024

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/2024

O Consello Escolar do centro aprobou solicitar

como días non lectivos

o 13 de outubro de 2023 e o 20 de maio de 2024

Estes días están aprobados por Xefatura Territorial.

INICIO CURSO 2023/2024

 

Benvidos e benvidas a un novo curso!!

Segundo o calendario escolar publicado pola xunta, as clases comezarán o día 11 de setembro para todo o alumnado:

 

Ás 9:00 entrarán sós: 1º e 2º de Primaria pola porta pequena.

                                   3º, 4º, 5º e 6º de Primaria polo portalón.

Ás 9:05 entrarán os de Infantil (4 e 5 anos) acompañados dun familiar pola porta pequena. Os de 3 anos comezarán ás 11:00 (período de adaptación)

 

A saída será ás 13:50 para o alumnado de Infantil (recolleranos as familias no porche cuberto) e ás 14:00 para os de Primaria, 1º e 2º (pola porta pequena) e 3º, 4º, 5º e 6º (polo portalón).

 

REUNIÓNS DE TITORÍA

As reunións de inicio de curso cos titores e titoras serán:

 

Todo infantil: Xoves 7 de setembro ás 11:00 h.

 

1º e 2º primaria: Luns 11 de setembro ás 16:00 h.

3º e 4º primaria: Luns 11 de setembro ás 16:45 h.

5º e 6º primaria: Luns 11 de setembro ás 17:30 h.

 

LISTADOS DE MATERIAL

 

Infantil 3, 4 e 5 anos

1º e 2º Primaria

3º e 4º Primaria

5º e 6º Primaria

 

Distribuir contido


by Dr. Radut