Ábrese o proceso de reserva de praza para o alumnado de 6º de primaria matriculado no presente curso no C.E.I.P. Plurilingüe O Corgo e que, no vindeiro curso, pretende continuar os estudos no “IES Sanxillao” (Lugo), o noso centro de adscrición.
O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
Cómo se realiza a reserva de praza?
Cómo e onde se presentan as solicitudes?
Presencialmente no noso CEIP ou pola Sede Electrónica coa chave365 ou certificado dixital.
Lexislación aplicable:
· Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
· Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).