Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

SOLICITUDES PRAZAS COMEDOR ESCOLAR 2022-23

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR CURSO 2022-23

Estimados pais e nais:

Ábrese o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2022-23. O uso do servizo, de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 132/2013 dará lugar ao aboamento dunhas tarifas.

Estas tarifas van a estar en función da Renda per cápita da unidade familiar, e poden ser os seguintes:

0 € (gratuíto)renda anual neta per cápita menor ou igual a 7.000 €

1 € por día renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000 € ou familias de 3 ou mais alum@s do centro e renta per cápita superior a 7.000,01

2,50 € por día renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000 €

4,50 € por día renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000€

Para facer o cálculo explícase todo o proceso no anexo que se adxunta con esta nota. Hai que aclarar que os datos fiscais que hai que xustificar son os relativos a declaración da renda do ano 2021(a declaración da renda presentada este ano)

A Consellería de Educación estableceu un total de 71 prazas para o noso comedor escolar.

A orde de preferencia para a admisión é a seguinte:

1º Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

2º Alumnado usuario lexítimo do servizo de transporte escolar

3º Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

4º Alumnado membro de familias numerosas

5º Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente.

6ª Outro alumnado do centro

É moi importante que o alumnado que viña facendo uso do comedor non se esqueza de entregar a solicitude, para saber se sobran prazas para ofertar ao resto do alumnado.

Cubride a solicitude que aparece no anexo que se adxunta nesta nova ou recollela no centro en horario de 10 a13 horas. Pódese enviar por correo electrónico ou entregala no centro.

AdxuntoTamaño
Solicitude comedor 2022-23.doc242.5 KB
Solicitude comedor 2022-23.pdf437.83 KB

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro